O vindeiro Pleno do Congreso


O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comparecerá o próximo mércores, a partir das 9,00 horas, nunha sesión extraordinaria do Pleno do Congreso dos Deputados para informar sobre a última reunión do Consello Europeo, celebrada os pasados días 25 e 26 de xuño.


Nesta sesión debaterase e votará tamén o acordo polo que se fixan os obxectivos de estabilidade presupostaria e de débeda pública para o conxunto de Administracións Públicas e de cada un dos seus subsectores para o período 2016-2018 e o límite de gasto non financeiro do Presuposto do Estado para 2016.

Reforma IRPF:

O mércores verase tamén o Real Decreto Lei 9/2015, do 10 de xullo, de medidas urxentes para reducir a carga tributaria soportada polos contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e outras medidas de carácter económico.

Así mesmo, decidirase sobre a validación ou derrogación do Real Decreto-Lei 8/2015, do 26 de xuño, de medidas de apoio para a continuidade de Barcelona como "Mobile World Capital" para o período 2019-2023.

Por outro lado, someterase a votación a autorización da Cámara ao Ministerio de Defensa para o despregamento e a participación das Forzas Armadas na operación militar da Unión Europea no Mediterráneo Central Meridional, EUNAVFOR MED.

O xoves, continuarase o Pleno ás 9,00 horas co Terceiro Protocolo de Emenda do Convenio de Cooperación para a Defensa entre o Reino de España e os Estados Unidos de América, da 1 de decembro de 1988, e as súas Emendas, feito en Washington o 17 de xuño de 2015, despois de acordarse o pasado martes a súa tramitación directa e en lectura única, co que non necesitou pasar por Comisión.

Veranse tamén varios ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios internacionais.

Protección da infancia:

O Pleno debaterá e votará as emendas do Senado ao proxecto de lei de modificación do sistema de protección da infancia e a adolescencia, que con esta votación quedará aprobado de forma definitiva e queda listo para ser publicado no BOE.

Por outro lado, a Cámara debaterá os ditames de Comisión e as emendas ao articulado que os grupos manteñan vivas para defendelas ante o Pleno de varias iniciativas lexislativas que, unha vez votadas, pasarán a continuar a súa tramitación no Senado. Se a Cámara Alta non introduce cambios, quedarían definitivamente aprobadas, pero se as emenda, deberán volver ao Pleno do Congreso para que este ratifique ou revogue as modificacións.

Recurso previo de inconstitucionalidade:

Así, verase o ditame da Comisión Constitucional e as emendas ao articulado sobre a proposta impulsada polos grupos Popular e Socialista de modificación da Lei Orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, para o establecemento do recurso previo de inconstitucionalidade para os Proxectos de Lei Orgánica de Estatuto de Autonomía ou da súa modificación.


Do mesmo modo, debaterase o ditame e as emendas á Lei Orgánica do Grupo Popular para reforzar a protección das menores e mulleres con capacidade modificada xudicialmente na interrupción voluntaria do embarazo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.