Escoitando as demandas do PP de O Barco de Valdeorras

Mantiven hoxe unha reunión de traballo con Moisés Blanco, Presidente local do PP de O Barco de Valdeorras e parlamentario autonómico, acompañado do voceiro municipal, Arsenio Moldes e do concelleiro popular, Antonio Melo, para falar de dúas infraestruturas que afectan a esta importante Vila, agora que están nos ministerior en fase de preparación do proxecto de lei dos Presupostos Xerais do Estado para o 2016.

Os populares barquenses destacaron a relevancia dos proxectos da Autovia A-76 e da Circunvalación do Barco e a necesidade de que os compromisos que ata agora veu manifestando e cumprindo a Ministra de Fomento, Ana Pastor, sigan tendo un reflexo importante nos presupostos do ano que vén.

Solicitáronme que traslade ao Ministerio de Fomento a petición de aprobación definitiva do proxecto de circunvalación do Barco e a inclusión nos PGE para 2016 de unha partida presupostaria para que sexa posible licitar as obras.

Recordar que o 12 de marzo de 2015 o Ministerio de Fomento iniciou, o período de información pública do citado proxecto de trazado desta conexión entre a N-120 e a N-536.

Os populares barquenses, queren que cando se peche o proceso de alegacións e se aprobe o proxecto se liciten as obras para que se poidan iniciar no 2016.

Falamos tamén da Autovía Ourense- Ponferrada. Recordeilles que o estudo informativo da A-76 foi aprobado definitivamente a principios do ano 2014 unha vez que en xullo de 2013 se obtivo a Declaración de Impacto Ambiental favorable. E que a finais de 2014 se encargou a INECO a redacción dos proxectos de construción dos dous primeiros tramos desta autovía que na súa totalidade contará con 125 Km.

En concreto son os correspondentes á Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras (Este) (8,4 km; 26,35 M€), na provincia de Ourense, e Villamartín de la Abadía - Requejo (7,6 km; 35,26 M€), na provincia de León.

Ademais a A-76 Ourense-Ponferrada ten consignada nos PGE 2015, unha partida presupostaria para outro tramo desta autovía, o Requejo-A Veiga de Cascallá.

E esperan que o Ministerio de Fomento licite a redacción do devandito proxecto (que ten partida no PGE 2015) antes de que conclúa esta lexislatura.

Tamén me pediron que trasladara ao Ministerio de Fomento a necesidade de que nos PGE para 2016 figure unha partida presupostaria para todos os tramos en curso ( en fase de proxecto) e que sería moi desexable que se incluíse unha partida para licitar un novo tramo (diferentes aos tres anteriores) para dar así continuidade á A-76.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.