Sobre o Plan de desvío voluntario de tráfico pesado das estradas convencionais ás autoestradas de peaxe.

Do aprobado onte no Consello de Ministros destaco os reais decretos polos que se aproban os convenios entre a Administración Xeral de Estado e as concesionarias de autoestradas para a posta en marcha do Plan de desvío voluntario de tráfico pesado das estradas convencionais ás autoestradas de peaxe.


Unha medida que persegue que os transportistas que usan para a súa actividade vehículos pesados -de catro ou máis eixes- utilicen as autoestradas de peaxe alí onde estas sexan unha mellor alternativa á estrada convencional, ofrecéndolles unha bonificación de ata o 50% por cen da peaxe.

A proba piloto realizarase en seis tramos de estrada, cunha lonxitude total de 318 quilómetros e calcúlase que poderá beneficiar a máis de 1,3 millóns de vehículos pesados.

Para poder acollerse ás bonificacións os vehículos deben dispoñer de dispositivo de telepeaxe. Os cálculos realizados polo Ministerio de Fomento estiman que o aforro de custos dos desvíos alternativos podería alcanzar ao redor de 53.000 euros diarios, o que representa máis de 7,4 millóns de euros para a proba piloto que se prolongará durante 5 meses.


Os tramos nos que comezará a aplicarse este plan son Villalba- Villacastín, Dos Hermanas- Xerez Norte, Lleida- Montblanc, Rubena-Armiñón, Puxeiros-Porriño e León. Campomanes. Todos eles serán sinalizados axeitadamente no comezo e final do tramo.

No caso do tramo galego de estrada Puxeiros-Porriño, calcúlase que poderá beneficiar a máis de 278.000 vehículos pesados. O aforro de custo estimado polo Ministerio de Fomento para este tramo é de 2,26 euros por vehículo e percorrido. Os transportistas que tomen a alternativa de pagamento aforrarán 6 minutos de condución con respecto aos 13 minutos estimados para o percorrido pola estrada A-55.

Unha boa iniciativa que agardemos teña bos resultados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.