Notable suba en maio da afiliación á Seguridade Social


OURENSE


Durante o mes de maio 729 persoas sumáronse como ocupados á Seguridade Social (0,74%). Grazas a este aumento, o número de afiliados medios sitúase en 98.760.

Por outro lado, en termos interanuais, 1.475 persoas súmanse ao Sistema. ( 1,52 %).

GALICIA

Durante o mes de maio 7.880 persoas sumáronse como ocupados á Seguridade Social (0,85%). Grazas a este aumento, o número de afiliados medios sitúase en 937.338.

Por outro lado, en termos interanuais, 22.037 persoas súmanse ao Sistema. ( 2,41 %).

ESPAÑA

Durante o mes de maio 213.015 persoas sumáronse como ocupados á Seguridade Social (1,25%). Grazas a este aumento, o número de afiliados medios sitúase en 17.221.31. Trátase da maior suba mensual rexistrada, se se exceptúan os meses de maio, xuño e xullo de 2005, cando se procedeu á regularización dos inmigrantes en España.

Por outro lado, en termos interanuais, 592.937 persoas súmanse ao Sistema. (3,57%); supón máis do dobre dos computados en maio do ano pasado, 261.361 (1,60%). Dende xullo de 2006 (684.562), non se consignaba unha ganancia tan elevada de ocupados.

Sinalaba onte o secretario de Estado da Seguridade Social, Tomás Burgos que "O realmente importante é que cada día contamos con máis ocupados que achegan ao Sistema. Levamos 16 meses de crecemento positivo respecto ao ano anterior",  quen engadía: "Unha realidade que nos fala de que mes a mes está máis preto ese obxectivo de que o emprego chegue a todos os que o buscan. "

A afiliación volve crecer por terceiro mes en todas as comunidades autónomas, nos réximes clave e nos sectores máis representativos (tanto no Réxime Xeral como o de Autónomos). Destacan os aumentos na hostalaría, actividades administrativas e servizos auxiliares, comercio, construción e industria manufectureira.

O dato desestacionalizado avala o salto cara a diante da afiliación (57.721 afiliados máis). Son xa 22 meses de incrementos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.