martes, 2 de junio de 2015

Encontro con parlamentarios de India

Co deputado Arjum Ram Meghwal
Participo hoxe nun encontro político parlamentario organizado pola Fundación Consejo España-India, que é unha entidade privada sen ánimo de lucro que, baixo a coordinación do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, busca o achegamento das sociedades civís españolas e india.

Encontro que se enmarcou no programa de Líderes Indios que ten como principal obxectivo dar a coñecer unha imaxe actualizada e innovadora da realidade española a cualificados representantes da sociedade india co fin último de incrementar as nosas relacións bilaterais.

Catro deputados españois pertencentes ás Comisións de Fomento, Economía e Exteriores reunímonos con cinco destacados parlamentarios do Parlamento federal de India, formado pola Cámara Baixa (Lok Sabha), e a Cámara Alta (Rajya Sabha).

Tres deles integrados nos dous principais, o Partido do Congreso Nacional Indio, partido populista que foi a forza política máis importante do país dende a Independencia, e o Bharatiya Janata Party (BJP), partido nacionalista hindú actualmente, o do primeiro ministro Narendra Modi. E un representante do All India Trinamool Congress e outro do Biju Janata Dal.

Un dos parlamentarios asistentes o Sr. Arjum Ram Meghwal, é o presidente do Comité de Ferrocarrís da Lok Sabha, e iso permitiu falar das enormes posibilidades de cooperación entre España e India en materia de infraestruturas e transportes.

De todos é coñecido que a República Federal Democrática de India é máis que un país, se podería dicir que un continente dados a súa fenomenal superficie, 3.287.595 Km 2 e a súa enorme poboación, 1.220.800.359 persoas.

Con cidades xigantescas, como Mumbai (18.400.000 habitantes) ou Nova Delhi (13.800.00), e outras como Calcuta, Chennai (Madrás), Bangalore, Hyderabad, Ahmadabad, Pune, Surat e Jaipur, precisa dun grande investimento en infraestruturas.

O duodécimo plan quinquenal (2012-2017) aprobado polo Goberno indio considera unhas previsións de crecemento próximas ao 9% e un investimento en infraestruturas de 900.000 M€, das que o 50% viría de colaboracións público privadas, fronte ao 30% actual.

Deste modo o investimento en infraestruturas en relación ao total do investimento pasará do 7,5%, no 11º plan quinquenal, ao 9,5%-10%, durante o 12º. Se a traxectoria continuase así, India será o 2º país emerxente que máis invista en infraestruturas por detrás de China.


Citar que a rede de estradas de India é a segunda máis extensa do mundo. Componse de 4,69 millóns de quilómetros, dos cales 79.116 km son autoestradas nacionais, 155.000 km autoestradas xestionadas polos estados e os 4,45 millóns de km restantes son vías secundarias.

Estación Central Railways de Mumbai
E que a rede de ferrocarril de India é a segunda máis grande do mundo, baixo unha xestión única. Indian Railways (IR) é o organismo responsable de todos os aspectos relacionados coa infraestrutura ferroviaria. Emprega 1,4 millóns de persoas e supón un 2,3% PIB. Indian Railways transporta preto do 40% do tráfico total de mercadorías de India e o 20% do tráfico de pasaxeiros do país.

Neste contexto ábrense grandes oportunidades de traballo e cooperación das empresas do Grupo Fomento, como ADIF, RENFE ( por exemplo lla participación nos concursos para operar servizos ferroviarios especialmente de alta velocidade, e a posibilidade de asesorar e asistir aos Ferrocarrís indios na posta en marcha de novos servizos e na xestión e comercialización destes) AENA ( que ten un grande interese en establecer unha conexión directa entre España e India, dado que na actualidade non existe ningunha ruta directa). Interese que mantén Ineco e Portos do Estado.

Pero aínda mais importantes son os intereses das nosas empresas privadas do sector da enxeñaría, a construción e a consultoría en materia de infraestruturas e transporte.


Compañías españolas xa deseñan e constrúen en India tramos de estradas e autoestradas, liñas ferroviarias, xestionan proxectos do metro, subministran e manteñen trens, realizan traballos de electrificación e catenaria, realizan auditorías de Seguridade, impulsan proxectos de xestión do transporte público, etc.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta