Agradecemento de Rajoy aos traballadores autónomos e ás empresas da economía social

Resalto neste blog as palabras pronunciadas o pasado martes polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na inauguración das xornadas "Traballo autónomo e Economía Social, motores de emprego" agradecendo aos traballadores autónomos e ás empresas da economía social a súa importante contribución á recuperación da economía española.



Na súa opinión, o dinamismo e o pulo do traballo autónomo permitiu, dende o comezo da actual lexislatura, a creación de 215.000 postos de traballo, 96.702 traballadores autónomos e 118.000 persoas contratadas. "Saiban vostedes -engadiu- que son absolutamente imprescindibles para que a recuperación da economía española continúe nos próximos anos".


Neste sentido, Rajoy enumerou algunhas das medidas que aprobou o Goberno para fomentar o autoemprego e a posta en marcha de empresas da economía social, como son a tarifa plana á Seguridade Social ou o mecanismo da segunda oportunidade. Destacou especialmente o Plan de Pagamento a Provedores porque salvou "xustamente" moitas persoas ás que as Administracións públicas non pagaban.

De cara ao futuro, o presidente referiuse aos tres últimos proxectos de lei que o Executivo xa remitiu ás Cortes para facilitar o autoemprego e a economía social: o Proxecto de Lei de Fomento e Promoción do Traballo Autónomo e da Economía Social; o Proxecto de Lei de Sociedades Laborais e Participadas, e o Proxecto de Lei de Reforma do Sistema de Formación Profesional para o Emprego.

Rajoy tamén fixou uns obxectivos de emprego para o traballo autónomo: o número de afiliados á Seguridade Social destes traballadores debería aumentar en 550.000 persoas no período 2015-2019. Esa cifra, explicou, permitiría superar o máximo histórico de 3.400.000 afiliados ao réxime especial de autónomos logrado en 2008.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.