No faladoiro de Radio Voz


Interveño hoxe no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e no que compartín micrófonos con Iván Puentes e Breogan Riobóo.

Debatemos sobre a decisión do alcalde de Becerreá, e deputado provincial Manuel Martínez, de non acatar a orde do seu partido e non apoiar o outro candidato aparecido a última hora para pregarse así ao veto do BNG

Califiquei o ocorrido dentro del PS de G como esperpéntico e cun responsable máximo,  Xosé Ramón Gómez Besteiro, que foi capaz xa de entregar no Concello de Lugo a cabeza de Orozco a Lugo Novo, que tan só tivo o 11,37 % dos votos  e que quixo facer o mesmo agora co alcalde de Becerreá con tal de que o seu partido presidise a Deputación de Lugo.

E sorprendente tamén a cesión deste poder de decisión a un BNG, que só obtivo na provincia 80 concelleiros, fronte os 265 do PSdeG e os 335 do PP de G.

Dixen que a lexitimidade do PP para gobernar a Deputación era total, por ser a  lista máis obtendo o 39,10 % dos apoios na provincia, fronte ao 32,51 do PSOE e o 13,07 % do BNG.

A normalidade e respectar este sentir maioritario dos lucenses, como forza máis votada na provincia de Lugo e, polo tanto, o natural é que sexa Elena Candia  quen goberne a institución provincial.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.