Onte tivo lugar o debate das emendas de totalidade a tres Proxectos de Lei: o primeiro deles, o Proxecto de Lei do sector ferroviario, ao que foron presentados emendas de devolución o Grupo Socialista, o da Esquerda Plural, o PNV e, dentro do Mixto, ERC e BNG.
A ministra Ana Pastor afirmou que "o proxecto de lei presentado permite
establecer mecanismos para asegurar a sostibilidade do noso sistema
ferroviario, atender como prioridade a seguridade ferroviaria e, finalmente,
traspoñer ao noso ordenamento xurídico a Directiva Recast, pero o máis
importante é dar un transporte ferroviario de alta calidade "
E engadiu
que a "aprobación desta lei impulsará o crecemento do sector, aumentará a súa
eficiencia e a utilización e fomentará a innovación neste. A lei que presento é
o marco do noso sector ferroviario para o século no que vivimos e por iso é tan
importante esta fase. Está en tramitación parlamentaria, pero sen dúbida vai
saír moi enriquecida desta Cámara porque o fará coa axuda de todos vostedes"
Tras rexeitarse as emendas con 122 votos a favor, 186 en contra e 5 abstencións, continúa a súa tramitación na Comisión de Fomento, e de aí ao Senado, xa que se rexeitou.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta