viernes, 5 de junio de 2015

Sobre un complemento adicional vinculado ás pensións contributivas de xubilación, de incapacidade e de viuvez das mulleres que tiveron dous ou máis fillos

Destaco dos acordos adoptados hoxe no Consello de Ministros o de remitir á Comisión do Pacto de Toledo do Congreso dos Deputados unha proposta para recoñecer a contribución demográfica ao sistema de Seguridade Social das mulleres traballadoras que compatibilizan a súa carreira profesional coa maternidade. A medida está incluída no Plan Integral de Apoio á Familia 2015-2017 aprobado polo Goberno o pasado 14 de maio.


A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, explicou que "España se adianta á recomendación europea en políticas de igualdade nos sistemas de pensións" ao introducir un complemento adicional vinculado ás pensións contributivas de xubilación, de incapacidade e de viuvez das mulleres que tiveron dous ou máis fillos.


A proposta afecta ás mulleres que se xubilen a partir do 1 de xaneiro de 2016, se ben lle corresponde á Comisión do Pacto de Toledo debater o alcance da medida.


O Goberno estima que 123.357 mulleres se beneficiarán no ano 2016 e eleva a previsión 455.504 en 2019. Bañez concretou que favorecerá, sobre todo ás nais que teñen salarios medios e, polo tanto, xubilacións medias. Ademais, recordou que países como Francia, Alemaña e Luxemburgo teñen complementos desta natureza.

Por primeira vez, dixo a ministra, "España recoñece as mulleres a contribución que fixeron polo número de fillos que achegan á sociedade e con el ao sistema de pensións".


Fátima Báñez engadiu que a iniciativa está en liña coas medidas do Goberno nunha lexislatura "de máis oportunidades, de máis dereitos e protección social para as mulleres no ámbito laboral e de Seguridade Social".

Neste sentido, recordou que, hoxe traballan en España case 90.000 mulleres máis que no ano 2011. Ademais, en materia de conciliación, o Executivo acordou unha nova regulación do contrato a tempo parcial que permite compatibilizar o traballo e o coidado dos fillos; regulou o teletraballo e equiparou a redución de xornada para coidado de fillos das mulleres que traballan no sector privado ás que traballan no sector público.

"Por primeira vez en España permitimos que se concilie mellor por parte das autónomas. Polo tanto, máis dereitos no ámbito do emprego e tamén máis protección social",subliñou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta