Sobre a terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a resolución do 27 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O valor estimado do contrato é de 41.913,66 €. E o orzamento base de licitación ten un importe total de  50.715,53 €.

A data límite de presentación é de 15 días naturais contados desde hoxe.

O prazo de execución é de catro meses, de acordo co establecido no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

A Xunta de Galicia nunha nota,  informa hoxe con máis detalle das caracteristicas destes estudios previos:

Levantamento topográfico


Realizarase un levantamento topográfico do ámbito da actuación e os seus arredores coa extensión suficiente para a perfecta definición da zona. Este punto incluirá o levantamento completo dos edificios existentes no ámbito da intervención. Tamén constarán todos os elementos existentes na parcela de tal xeito que se poidan identificar os servizos afectados.

Estudo de necesidades:


Este estudo ten por obxecto o establecemento do programa de necesidades da nova terminal de autobuses integrada na intermodal de Ourense. Fixarase a capacidade mínima da nova terminal no que respecta a número de dársenas, servizos a prestar e dimensionamento de plataformas. Definiranse ademais os espazos e áreas necesarios para asegurar unha axeitada maniobrabilidade dos autobuses e avaliaranse as necesidades de aparcadoiro para turismos.

Análise de impacto:

Realizarase unha análise dos impactos que a actuación prevista terá sobre a contorna e en especial, sobre a poboación da área metropolitana de Ourense.
O obxectivo é analizar a potencialidade das actuacións previstas, avaliando o número actual e futuro de usuarios de ambas estacións, as pautas de mobilidade e desprazamento da poboación da área metropolitana e valorando o número de usuarios intermodais potenciais.
Estudo funcional:

Coñecidas as necesidades e realizada a análise de impacto, avaliaranse os espazos anexos ao actual edificio de viaxeiros da estación de ferrocarril, ocupados por aparcadoiros e edificios varios, coa fin de determinar a mellor localización para a nova terminal de autobuses coas mínimas afeccións posibles.

Dimensionaranse adecuadamente as zonas destinadas ao viaxeiro, a instalacións e a autobuses, garantindo unha axeitada accesibilidade, maniobrabilidade e operatividade dos mesmos e as destinadas a turismos.
Liñas, viario e tráfico:

En primeiro lugar, realizarase un estudo de reordenación das liñas de autobuses do servizo público regular de uso xeral de transporte de viaxeiros competencia da Xunta, motivada pola apertura da nova terminal de autobuses.

O obxectivo do estudo é elaborar unha proposta de itinerarios e puntos de parada dentro do termo municipal de Ourense, tendo en conta a localización da nova terminal e a capacidade xeométrica do viario inmediato.
En segundo lugar, cada posible ordenación de liñas estudada realizarase en función das dimensións e radios de xiro dos autobuses e demais vehículos que vaian ter que acceder á nova terminal. Neste informe terase en conta tamén calquera viario previsto no planeamento urbanístico.
En terceiro lugar, levarase a cabo un estudo da incidencia sobre o tráfico do funcionamento da estación intermodal e da nova reordenación de liñas de autobuses proposta.
Analizarase a repercusión, que sobre o tráfico rodado actualmente existente na contorna da estación de ferrocarril, previsiblemente poidan ter os novos fluxos de peóns, ciclistas, automóbiles e autobuses derivados da entrada en funcionamento da estación intermodal.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.