Importante descenso en abril do paro rexistrado: "os mellores datos da serie histórica"

O Servizo Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de abril  de 2015

Son os seguintes:

Ourense:

Descende o paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en 777 persoas, baixou un – 2,78 %.

O número de parados queda cifrado en 27.136, deles 12.628 son homes e 14.508 mulleres, 25.488 son maiores de 25 anos e 1.648 menores.

Por sectores, 1.250 son da agricultura, 3.720 da industria, 3.309 da construción, 16.490 nos servizos e 2.367 do colectivo sen emprego anterior.

En termos interanuais e absolutos,  Ourense rexistra un salientable comportamento, xa que temos 2.246 parados menos que en abril de 2014 (-7,64 %).

 Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en abril en 7.376 persoas con respecto a marzo, un – 2,93 %. Diminúe en todas as provincias, especialmente na Coruña e Pontevedra. O maior descenso por sectores de actividade económica, en termos absolutos, prodúcese no sector servizos.

O número de parados queda fixado en 244.761, deles 113.802 son homes e 130.959 mulleres, 231.240 son maiores de 25 anos e 13.521 menores.

Por sectores, 8.608 son da agricultura, 31.488 da industria, 30.721 da construción, 153.614 nos servicios e 20.330 do colectivo sen emprego anterior.

En termos interanuais, Galicia rexistra un excelente comportamento, xa que temos 25.383 parados menos que en abril de 2014 (-9,40).

Con esta baixada, acumúlase xa ano e medio de descensos consecutivos do paro en termos interanuais. É, ademais, a maior baixada en números absolutos e relativos das rexistradas nestes dezaoito meses.


Tamén cabe destacar que este descenso interanual é o maior rexistrado nun mes de abril de toda a serie histórica en termos absolutos. En números relativos, é o maior descenso interanual nun mes de abril desde 1999.
Grazas a esta evolución, Galicia volve a niveis de similares ao 2011, isto é, de hai  catro anos.

Con respecto á media do Estado, estamos  sensiblemente mellor que o Estado en termos interanuais e intermensuais:
  • Intermensual Estado: -2,67% Galicia: -2,93%
  • Interanual Estado: -7,50% Galicia: -9,40%
España:

O paro baixou en abril en 118.923 persoas, un – 2,67 %. Queda situado en 4.333.016 persoas. Deles 2.004.404  son homes e 2.328.612 son mulleres. 3.951.004 son maiores de 25 anos e 382.012 menores.

Por sectores, 209.571 son da agricultura, 427.661 da industria, 496.870 da construción, 2.816.496 nos servizos e 382.418 do colectivo sen emprego anterior.

Trátase do maior descenso do desemprego neste mes en toda a serie histórica. Nos sete últimos anos, o paro había diminuído por termo medio no mes de abril en 25.000 persoas. 

En termos desestacionalizados, o paro diminúe en 50.160 persoas, o mellor dato rexistrado nun mes de abril. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 24 meses de caída. 

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 351.285 persoas, o maior descenso interanual do paro de toda a serie histórica, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 7,5%.

Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.333.016 persoas, 89.343 parados rexistrados menos que en decembro de 2011.

O paro rexistrado diminúe en todos os sectores de procedencia dos traballadores. Entre os que desempeñaron a súa última actividade nos Servizos, diminúe en 72.284 persoas (-2,5%). A mesma tendencia se dá entre os que proceden da Construción (-19.449, un -3,8%), a Industria (-11.555, un 2,6%) e a Agricultura (-15.219, un -6,8%). Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, o paro aumenta en 184 persoas.

O paro rexistrado baixa nas 17 Comunidades Autónomas. Os maiores descensos en termos absolutos anotáronse en Cataluña (- 18.681), Andalucía (-14.425) e a Comunidade de Madrid (-12.160).


 No mes de abril, formalizáronse 1.440.381 novos contratos. Isto supón un aumento do 11,1% respecto a abril de 2014.

 A contratación acumulada nos primeiros catro meses de 2015  acadou a cifra de 5.476.901, o que supón un incremento do 12,62% que en igual período do ano anterior.

A contratación indefinida acumulada aumenta un 17,58% sobre o mesmo período do ano 2014 e a indefinida a tempo completo un 20, 69% nos catro primeiros meses do ano. 

Fonte: Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.