jueves, 28 de mayo de 2015

Prácticamente finalizadas as obras da Biblioteca Pública do Estado en Ourense

Esta semana, os deputados ourensanos do Grupo Parlamentario Popular, recibimos do Goberno unha resposta a unha pregunta que formulamos o 10 de abril sobre o estado de execución das obras de terminación da construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e a Biblioteca Pública do Estado de Ourense.

Na súa resposta o Goberno indícanos que "o 2 de setembro de 2013 se adxudicou o contrato de terminación das obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado en Ourense, no antigo Convento de San Francisco, por un importe de 13.310.000 euros e cun prazo de execución previsto de trinta e dous meses.

As actuacións relacionadas coas devanditas obras ampáranse nun mesmo expediente que vén figurando, en tanto en canto continúa a súa execución, nos correspondentes Anexos de Investimentos da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte das leis de presupostos anuais, desagregado en senllos proxectos dentro das rúbricas Arquivos e Bibliotecas. Para o exercicio de 2014 a suma dos créditos estimados ascendeu a 4.400.000 euros, se ben, segundo consta no Anexo de investimentos do devandito ano, cada edificio é susceptible de ser recibido de forma independente, unha vez conclúan as actuacións que lles afecten.

Añadir leyenda
Polo que se refire á Biblioteca Pública do Estado en Ourense, as obras están practicamente finalizadas, a falta de realizar pequenas actuacións na súa fachada. A finais de 2014 comezouse a traballar cos responsables da Xunta de Galicia na definición do equipamento e mobiliario necesario. Está previsto que neste semestre se reciba polo Goberno, a través do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, o inmoble e se inicie a adquisición do equipamento. A data de inauguración debe acordarse coa Xunta, que haberá de proceder ao traslado de fondos e contratación dos correspondentes servizos para a súa posta en funcionamento.

De forma paralela estase a traballar no Arquivo, aínda que se encontra nunha fase anterior. De acordo co prazo previsto na adxudicación, a adquisición dos equipamentos e o mobiliario poderá iniciarse no segundo semestre de 2016, e non existe demora na execución da obra nin pola dirección facultativa se formulou prórroga algunha.

O grao de execución é do 103,8%, considerando os créditos establecidos para o citado exercicio no mencionado Anexo de Investimentos da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta