Tal día como hoxe os ourensanos acudían á as urnas para
exercer o seu dereito a voto nas eleccións municipais. Finalmente 53.776 ourensanos votaron,
o 62,12 % dos electores (unha cifra inferior en catro puntos á das municipais de
2011).
E en liberdade decidiron elixir concelleiros de catro das once formacións políticas que se presentaban.
Un 30,93 % dos votantes apoiou a lista do Partido Popular e outorgoulle dez concelleiros (un menos que en 2011). Un 25,45 % apoiou a lista de Democracia Ourensana e outórgolle seis concelleiros (catro máis que en 2011). O PSOE, contou co aval do 19,06 % dos votantes e obtivo seis concelleiros (cinco menos que en 2011). E finalmente Ourense en Común obtivo tres concelleiros ao recibir o apoio do 10,37% dos votantes.
Non tivo nesta ocasión representación o BNG pese a obter o apoio do 4,58% dos votantes, perdendo os tres concelleiros que obtivo en 2011.
Estes resultados inapelables son os queridos polos votantes ourensanos, e como é evidente non outorgaron a ningunha forza política a maioría absoluta, ao igual que tampouco o fixeron nas eleccións de 2011.
A lista máis votada foi a do Partido Popular, e por iso o seu número un, Jesús Vázquez iniciou esta semana unha roda de contactos, mantendo un diálogo co líder de Ourense en Común, Miguel Doval, que manifestou que non apoiaría a súa investidura pero que estaría disposto a valorar posibles acordos puntuais en prol da gobernabilidade do Concello.
E houbo tamén un encontro con Gonzalo Pérez Jácome líder de Democracia Ourensana, que non frutificou nun acordo dada a posición deste de querer ser alcalde malia contar con 8 concelleiros ou a de que polo menos que houbese unha alternancia na alcaldía co PP.

Está pendente o contacto de Jesús Vázquez co cabeza de lista do PSOE, José Ángel Vázquez Barquero.
A expensas das conversacións que teñan lugar a próxima semana, todo apunta a que o 13 de xuño podería ser investido alcalde Jesús Vázquez que asumiría a responsabilidade de gobernar en minoría.
O talante da lista do PP que encabeza Jesús Vázquez - e que eu comparto plenamente - é absolutamente dialogante e aberto a acordos nos asuntos de gran transcendencia para a cidade de Ourense.
O primeiro ao meu xuízo sería recobrar o respecto na Corporación ás persoas e
ao seu xeito de pensar, sen descualificacións gratuitas nin insultos. A tan repetida volta a "normalidade"
Mellorar a xestión económica e administrativa do Concello para ofrecer mellores servizos públicos aos cidadáns, fortalecer a tan necesaria acción social, potenciar a actividade deportiva e cultural e impulsar a promoción da actividade económica son obxectivos compartidos e alcanzables.
Consensuar unha planificación urbanística que impulse o ordenado crecemento e que achegue seguridade xurídica e desenvolver con feitos tanxibles o noso potencial termal son obxectivos compartibles.
A expensas das conversacións que teñan lugar a próxima semana, todo apunta a que o 13 de xuño podería ser investido alcalde Jesús Vázquez que asumiría a responsabilidade de gobernar en minoría.
O talante da lista do PP que encabeza Jesús Vázquez - e que eu comparto plenamente - é absolutamente dialogante e aberto a acordos nos asuntos de gran transcendencia para a cidade de Ourense.
Ourense visto desde Montealegre |
Mellorar a xestión económica e administrativa do Concello para ofrecer mellores servizos públicos aos cidadáns, fortalecer a tan necesaria acción social, potenciar a actividade deportiva e cultural e impulsar a promoción da actividade económica son obxectivos compartidos e alcanzables.
Consensuar unha planificación urbanística que impulse o ordenado crecemento e que achegue seguridade xurídica e desenvolver con feitos tanxibles o noso potencial termal son obxectivos compartibles.
Definir con rigor e ambición, as actuacións que Ourense precisa na
súa integración ferroviaria, esixe primeiro o acordo maioritario da Corporación, para así poder negociar coa Administración Central e Autonómica as
mellores solucións.
Impulsar a execución de infraestruturas de interese xeral, como por exemplo a variante exterior ferroviaria, a circunvalación norte, o complexo de San Francisco, ou a Estación depuradora de augas, son materias nas que o acordo debería ser posible.
Esperemos acontecementos nos próximos días. Imponse altura de miras.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta