Importante crecemento da venda de coches

Coñecemos hoxe a boa noticia de que o mes de maio retornou á senda do crecemento de dobre díxito na venda de coches, totalizando 94.030 matriculacións, o que significa un 14% máis. Con este mes, son xa 21 meses consecutivos de crecemento no mercado de coches.

 Nos cinco primeiros meses do ano, o mercado nacional acumula 443.888 matriculacións, o que representa un 21,7% máis.

En Galicia foron matriculadas en maio 3.116 unidades, o que significa un 1,1 % mais. 

Nos cinco primeiros meses do ano, o mercado acumula 15.652 matriculacións, o que representa un 13,1 % máis.

A pesar de que se compara un mes completo con PIVE (maio 2014) con outro mes no que só houbo PIVE medio mes, o mercado nacional respondeu de xeito inmediato á aprobación do PLAN PIVE 8 e rexistrou o mellor volume en cinco anos, aproximándose de novo ás 100.000 operacións. Vendéronse máis de 4.500 coches ao día neste mes.

O tirón que provoca o Plan PIVE 8, unido a un clima de mellora económica e tamén no financiamento, pode levar ao mercado este mesmo ano a superar o millón de unidades, por primeira vez dende o ano 2008. 

O obxectivo de situar ao mercado español nos próximos anos cunhas matriculacións próximas a 1,2-1,3 millóns, está hoxe máis próximo.

Agardemos que se cumpla, tendo en conta a importancia do sector do automobil en España.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.