Aprobado o Programa de Estabilidade e o Programa Nacional de Reformas

Onte reuniuse o Consello de Ministros para entre outros acordos, aprobar o Programa de Estabilidade e o Programa Nacional de Reformas, para a súa inmediata revisión á Comisión Europea dentro das obrigas dos Estados membros no marco do Semestre Europeo.

Estes son os seus principais titulares:

A economía española inicia un ciclo de crecemento próximo ao 3 por 100 e creará, polo menos, medio millón de empregos ao ano ata 2018.

O Programa de Estabilidade 2015-2018 revisa á alza as previsións de crecemento e creación de emprego.

A finais de 2015 terase superado o nivel de emprego que había ao peche de 2011, o paro terá baixado en 419.000 persoas, a taxa de paro rematará 2015 por debaixo do peche da pasada Lexislatura e reducirase ao 19,8 por 100 en 2016 en media anual.

A economía española enfila a saída da crise con maior potencial de crecemento e emprego que os grandes países do euro.

O patrón de crecemento será máis equilibrado entre a demanda interna e a externa con melloras de competitividade.

Defínese a política presupostaria para o período 2015-2018, que consolida o crecemento económico e a creación de emprego. O aforro do sector público e o desapancamento do sector privado manteñen a débeda externa neta nunha senda de sostibilidade.

España sairá do procedemento de déficit excesivo en 2016 situando o déficit das Administracións Públicas por debaixo do 3 por 100 do PIB.

A partir dese momento, formúlase unha estratexia de política fiscal neutral, compatible co marco presupostario do Pacto de Estabilidade e coa Constitución. A débeda pública comezará a descender o ano 2016, ata situarse no 93,2 por 100 do PIB en 2018.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.