Aprobada a nova Axenda Dixital 2020

Onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientaba na rolda de prensa do Consello a aprobación da nova Axenda Dixital 2020, co maior investimento en TIC da historia da Comunidade -1.550 millóns de euros-, e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.

Feijóo subliñou que a nova folla de ruta tecnolóxica é froito dun intenso proceso de diálogo; é dicir, contou para a súa elaboración coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade do sector TIC, coas institucións públicas e coa sociedade civil. 
E, precisou que os 20 desafíos están articulados en cinco liñas de actuación: a valorización da Administración; a énfase na vida dixital; a aceleración da economía dixital; o estímulo ao crecemento do sector TIC; e a articulación dixital do territorio.
A través de 5 liñas estratéxicas define 20 desafíos para situar Galicia nos niveis das rexións europeas máis avanzadas no eido dixital:

- Promove unha Administración dixital innovadora que responda e que se adiante ás expectativas da sociedade, aproveitando as novas oportunidades que brinda a tecnoloxía (Big Data, mobilidade, interoperabilidade...)

- Establece medidas para consolidar o modelo educativo na contorna dixital, favorecer servizos dixitais avanzados no eido do benestar e sanidade e facilitar habilidades dixitais a toda a cidadanía.

- Impulsará a dixitalización empresarial en sectores estratéxicos para avanzar cara a unha nova situación económica, con máis emprego, industria, calidade, talento e innovación.

- Apoiará a colaboración e a cooperación entre a iniciativa pública e privada para conformar un ecosistema dixital galego forte capaz de xerar solucións de gran valor engadido.

- Para facilitar a articulación dixital do territorio fixa como obxectivo que todos os galegos conten con cobertura de banda larga ultrarrápida de, cando menos, 30 Mbps en 2020.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.