Participo esta
mañá no faladoiro de Radio Voz que modera a xornalista Antía Díaz Leal e en compartin micrófono con Antón Arias, Esteban Rico e Roberto
Blanco Valdés.
O tema principal foron as declaracións efectuadas onte en Barcelona
polo ministro Rafael Catalá
relativas a posibilidade de sancionar
con firmeza" aos que filtren información que sexa obxecto de
investigacións xudiciais e defendendo que sería "un bo debate trasladar a
sanción ao medio e impoñer a obriga da non publicación da información"
Expresei a miña opinión
contraria a estas manifestacións, logo matizadas, que non comparto nin tampouco
considero que deba abrirse un debate sobre ese tema.
Falei do sumario como dun
conxunto das actuacións encamiñadas a preparar o xuízo e practicadas para
descubrir e facer constar a perpetración dos e que as dilixencias serán
secretas ata que se abra o xuízo oral, coas excepcións determinadas na Lei. E
recordei que hai sancións para aquelas persoas que revelaren indebidamente o segredo
do sumario.
Citei tamén o artigo 417 do
Código Penal que contempla que a autoridade ou funcionario público que revele
secretos ou informacións dos que teña coñecemento por razón do seu oficio ou
cargo e que non deban ser divulgados, incorrerá na pena de multa de doce a
dezaoito meses e inhabilitación especial para emprego ou cargo público por
tempo dun a tres anos.
Dixen que o foco de actuación hai que poñelo en investigar as
vulneracións deste segredo e non en quen poida publicar en medios de
comunicación as informacións filtradas.
Informei de que hoxe mesmo abordamos hoxe no Congreso dos Deputados el Proyecto de Ley de modificación da Lei de Axuizamento
Criminal para a axilización da xustiza penal e o fortalecemento das garantías
procesuais que regula as cuestións relativas a dereitos fundamentais e de
índole procesual.
Asi a axilización da
xustiza penal, os asuntos sinxelos contarán cunha instrución de seis meses
mentres que nos temas complexos se permitirá ata dezaoito meses prorrogables
por outro prazo similar. Ademais, o texto establece que os termos
"imputados ou procesados" se substituirán por "investigados ou
procesados", debido a que, os primeiros teñen un sinalado carácter
negativo.
Si desexa facer algún comentario poder
enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta