sábado, 9 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: primeiro mitin na capital

Onte asistín ao primeiro mitin de campaña na cidade de Ourense, en concreto no barrio das Lagoas, no auditorio do Conservatorio profesional de Música.
Un acto ao que asistiron máis de duascentas persoas e que se viu mediatizado polo ambiente moi triste do cruel asasinato esa mesma mañá da veciña de Verín, María Isabel Fuentes Fernández

Un feito execrable que tivo lugar na cuarta planta do Complexo Hospitalario de Ourense e presuntamente causado polo seu esposo de 76 anos de idade.
Para condenar esta acción criminal, gardamos antes de comezar o mitin, un minuto de silencio.
Un acto electoral que foi presentado por Miguel Abad, presidente do distrito centro, e logo foi a quenda do presidente local, Rosendo Fernández, que tras loubar ao novo candidadto e facer un repaso á recente vida municipal deu paso ao secretario xeral do PPdeG.
Alfonso Rueda, agradeceu o traballo de oposición de Rosendo Fernandez e de todo o seu equipo nestes difíciles catro anos e logo centrouse en destacar as virtudes de Jesús Vázquez, co que compartiu tarefas de goberno na Xunta durante seis anos, Avalou a súa capacidade de xestión e de traballo e a súa eficacia á fronte do importante ámbito da educación e a cultura.
Pechou o acto, Jesús Vazquez Abad, que nun ton sosegado e crible, avanzou que a súa campaña será sempre en positivo, e tratando de facer chegar aos ourensanos o seu programa serio e participativo.

Destacou a súa preparación para afrontar a xestión dun concello que conta cun presuposto de aproximadamente cen millóns, por canto el tivo que xestionar en seis anos case trece mil millóns de presupostos na Xunta de Galicia


Afirmou crer nos equipos e no contacto cos veciños, máis alá dos quince días da campaña.
Son amigo de Xesús, pero coa maior obxectividade posible, afirmo que estamos ante un excelente candidato e que se chega a ser o alcalde desta cidade, teremos un xestor de primeira, con enorme vocación de servizo público, sensible ás realidades sociais e culturais, respectuoso coas ideoloxías e crenzas de todos e moi próximo ás persoas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta