viernes, 8 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: "Comeza a campaña electoral"

Asisto hoxe no Parque de San Lázaro de Ourense ao acto de inicio de campaña electoral das eleccións municipais que se celebrarán o próximo 24 de maio, apoiando a Jesús Vazquez Abad que pegou o cartel electoral nun ambiente festivo.

Encabeza a candidatura do Partido Popular que competirá nada menos que con outras dez listas máis.

O PP traballou duro durante a precampaña, e continuará facéndoo agora durante esta campaña para lograr a confianza dos ourensanos e conseguir maiorías abondo que lle permitan gobernar.


Unha campaña do PP austera, xa que na rovincia disporá dun orzamento de 61.500 euros: 45.000 serán achegados polo PP nacional e o resto procedente de fondos propios. Deles 21.000 euros destinaranse para reconquistar a Alcaldía de Ourense.

O presidente Manuel Baltar márcase como obxectivo do PP ser a forza máis votada a nivel provincial, superar ás 65 maiorías absolutas de 2011 e ás 69 alcaldías e reforzar a maioría absoluta na Deputación.


Aspiramos pois a gañar as eleccións dun xeito limpo e democrático. Outros partidos non ocultan que o seu único obxectivo electoral é impedir que goberne o Partido Popular.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta