A Seguridade Social retoma os 17 millóns de afiliados

Outra excelente noticia da mañá de hoxe é que a Seguridade Social retoma os 17 millóns de afiliados, concretamente sitúase en 17.008.296 ocupados medios.

Este dato en España logrouse grazas a que en abril o Sistema incorporou 175.495 persoas (1,04%); trátase do maior aumento nun mes de abril da serie histórica.

A afiliación volve crecer por segundo mes en todas as comunidades autónomas, nos réximes clave e nos sectores máis representativos (tanto no Réxime Xeral como o de Autónomos). Destacan as subas na hostalaría e o comercio.

O dato desestacionalizado reafirma esta tendencia positiva. O incremento en abril (87.215) supera amplamente o rexistrado en 2014 (48.212). Encadea 21 meses de incrementos.

En termos interanuais, a taxa de afiliación continúa progresando na senda positiva iniciada hai quince meses ao aumentar un 3,52%. Isto tradúcese nunha ganancia próxima ás seiscentas mil persoas respecto a 2014 (578.243).

En Galicia a afiliación en abril incorporou 6.398 persoas (0,69%), situando en 929.458 o número de afiliados.

En termos interanuais, a taxa de afiliación continúa progresando ao aumentar un 2,20%. Isto tradúcese nunha ganancia de 19.965 persoas respecto a abril de 2014.

En Ourense a afiliación incorporou 435 persoas (0,45%), situando en 98.031 o número de afiliados. 

En termos interanuais, a taxa de afiliación continúa progresando ao aumentar un 1,07%. Isto tradúcese nunha ganancia de 1.037 persoas respecto a abril de 2014.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta






Con la tecnología de Blogger.