Eleccións Municipais 2015: "O PP gañou en 70 concellos da provincia, e mantén a Deputación"

Esta mañá compareceu en rolda de prensa, o presidente do PP de Ourense, para facer un balance dos resultados das Eleccións Municipais

Manuel Baltar  salientou  a alta participación rexistrada en Ourense, cinco puntos por riba da media estatal e tres puntos por riba da autonómica, destacando o traballo de mobilización levado a cabo neste proceso por tódalas forzas políticas que concurrían. O PP gañou en 70 concellos da provincia, en 61 deles con maioría absoluta.

Dixo que no tocante ao apoio ao PP, o rexistrado en Ourense foi moito máis importante que as medias estatais (27,05%) e autonómicas (35,75%), alcanzando a nivel provincial o 43,94%, vinte puntos por riba da porcentaxe rexistrada en apoio ao PSOE. Esto convirte a Ourense na terceira provincia en apoio ao Partido Popular, por detrás de Ávila e Cuenca, con 81.572 sufraxios emitidos, tal e como sinalou Manuel Baltar.

A nivel de partidos xudiciais, o PP foi a forza máis votada en seis dos sete partidos xudiciais, sendo o PSOE a forza máis votada no partido xudicial de O Barco de Valdeorras.

En canto a alcaldías obtidas polo PP, en Ourense tamén se superaron as medias estatal (34%) e galega (47%), cun 66%. É dicir, de cada 10 alcaldías, prácticamente sete son do PP en Ourense. As 61 maiorías absolutas acadadas na provincia significan o 42% das totais en Galicia, que foron 148, incrementando a porcentaxe acadada en 2011.

O PPOU conseguiu 509 dos 900 concelleiros (56,55%). Os concellos con máis apoio porcentual ao PP foron Beariz (85,96%), Quintela de Leirado (85,75) e Esgos co 81,95%.

O único concello no que o PP non obtivo representación, situación idéntica á experimentada hai catro anos, foi en Vilar de Santos. O PSOE queda sen representación en 13 concellos, mentres que o BNG non acadou representación en 63 municipios.

No tocante á extrapolación de resultados, se as do domingo tiveran sido Eleccións Autonómicas, dos 14 deputados que lle corresponderían a Ourense, o PP obtería os mesmos que ten actualmente (oito). A segunda forza sería o PSOE con catro e DO e BNG acadarían un, respectivamente. Se o PP aplicase a reforma anunciada a principio de lexislatura, reducindo o número de escanos no Parlamento de Galicia (a Ourense lle corresponderían 11 en vez de 14), o PP obtería seis escanos, tres serían do PSOE e DO e BNG tería un cada un. O PPOU confirmaría en ámbolos dous casos a súa maioría absoluta no eido provincial (8/14 ou ben 6/11).

Se as do 24 de maio tivesen sido Eleccións Xerais, o PP tamén confirmarían os tres deputados na Cámara Baixa dos catro en liza para a provincia.

Asemade, se estas Eleccións Locais se tivesen plantexado cunha lista única provincial, en aplicación do método D’Hondt, dos 25 deputados provinciais en liza, tamén a maioría absoluta sería para o PPOU con 13 escanos, sete para o PSOE, tres para o BNG e dous para DO. É dicir, “en tódolos escenarios posibles de calquer tipo de elección, o PP de Ourense reafirmaría a súa posición maioritaria, a mesma que se ten dado en tódolos procesos electorais”, recalcou Manuel Baltar.

Recoñece Manuel Baltar a baixada dun escano na Deputación Provincial (de 15 a 14) como consecuencia dos resultados do Partido Xudicial de Verín, resaltando que foi por 33 votos entre os 11 concellos desta zona.

Con relación a cuestións que se tratarán no seo do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar anunciou que mañá se van analizar os resultados en Xunta Directiva Provincial ás 19.00 horas. Será o primeiro órgano do partido, a calquer nivel, que se reúna en Galicia para este fin trala celebración das Eleccións Municipais.

Tamén anunciou Manuel Baltar que durante esta semana fará públicos os nomes dos 13 compañeiros e compañeiras que o acompañarán na Corporación Provincial, recalcando que a renovación será aplicada en nove destes membros. Esta lista, configurada polo PP de Ourense, será obxecto de votación, chegado o momento, por parte dos concelleiros e concelleiras dos diferentes partidos xudiciais da provincia.

Visto o panorama xeral despois das eleccións, Manuel Baltar concluiu cunha reflexión: “Ter o 42% das alcaldías de Galicia, ter a única Deputación Provincial de Galicia e haber obtido a maioría de concelleiros da capital e ser a única cidade de Galicia na que o PP pode optar a gobernar son boas noticias para os populares ourensáns, e por elo debo agradecer, como xa fixen a noite electoral, ás persoas que conforman a estructura orgánica e que traballaron a prol destes resultados. E como non, agradecer a alta participación da cidadanía, votasen a quen votasen, porque deso se trata nas eleccións: que a cidadanía elixa a súa preferencia política para gobernar”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.