GALICIA
O PPdeG gaña nas cidades de Ourense, Lugo e Ferrol, e queda en
segundo lugar en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago.
Malia todo
o PP de G partido recibe o
apoio "maioritario" na comunidade e ten unha porcentaxe de apoio superior ao do
PP estatal, 8,74 puntos máis.
O PPdeG é o partido
que gaña as eleccións en Galicia con preto de dez puntos de diferenza coa
segunda forza, o PSOE, e 23 puntos coa terceira, o BNG.
O PPdeG é primeira forza
nas catro provincias, a que terá maior número de actas nas Deputacións
provinciais –a pesar de perder Coruña e Pontevedra- e que gobernará
aproximadamente a metade dos concellos de Galicia tendo 144 maiorías absolutas
e 55 relativas.
OURENSE
Na provincia de Ourense o PP de G é a forza máis votada obtendo o 43,94% dos sufraxios,
recibindo o voto de 81.572 electores. Sofre un retroceso de -5,56 puntos en
relación coas eleccións de 2011, inferior ao retroceso de -9,09 puntos en
Galicia e de -10,51 puntos no conxunto do Estado.
En segundo lugar os
electores votaron ao PSOE que obtén o 28,48 e o apoio
de 47.809 electores. Sofre un retroceso de -0,73 puntos en relación coas
eleccións de 2011, superior ao retroceso de -0,41 puntos en Galicia e de -2,04
puntos no conxunto do Estado.
En terceiro lugar os electores votaron ao BNG que obtén o 9,76 € e o apoio de 18.114 electores. Sofre
un retroceso de -4,51 puntos en relación coas eleccións de 2011, superior ao
retroceso de -0,41 puntos en Galicia e de -2,04 puntos no conxunto do
Estado.
Na capital da provincia a lista do PP encabezada por Jesús Vázquez é a forza máis votada obtendo o 30,93 % dos sufraxios, recibindo o respaldo de 16.345 electores, e logra dez escanos. En segundo lugar quedou Democracia Ourensana cun 25,45 %, co apoio de 13.451 electores e logra oito escanos. En terceira posición aparece o PSOE obtendo un 19,06 % e recibindo o apoio de 10.070 electores e obten seis escanos. En cuarto lugar quedou a formacion Ourense en Común, con un 10,37 % recibindo apoio de 5.478 votantes e obten tres escanos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta