miércoles, 15 de abril de 2015

Sobre a competitividade dos servizos portuarios

Compareceu hoxe na Comisión de Fomento do Congreso, o Presidente de Portos do Estado José Llorca Ortega para presentar o Informe Anual de Competitividade dos Servizos Portuarios de 2013.

Un informe realizado polo Observatorio Permanente do Mercado dos Servizos Portuarios adscrito a Portos do Estado e que resume os resultados do citado ano e o estado do mercado de cada un dos servizos, establecendo recomendacións para a implementación e mellora da competitividade.

Un Informe que se basea nas análises e conclusións desenvolvidas polo Observatorio, recollidas no "Documento de Análise e Conclusións do Estado do Mercado dos Servizos Portuarios", ademais dos estudos internos de Portos do Estado.

Llorca fixo unha pormenorizada exposición da competitividade dos servizos técnico-náuticos, de practicaxe, de remolque portuario, de amarre e desamarre, do servizo á pasaxe, que inclúe: o embarque e desembarque de pasaxeiros, a carga e descarga de equipaxes, e a de vehículos en réxime de pasaxe; do servizo de recepción de refugallos xerados por buques e do de manipulación de mercadorías, que consiste na carga, estiba, descarga, estiba, tránsito marítimo e o transbordo de mercadorías.

Informou tamén sobre as sete recomendacións que se formulan no informe:

- Considérase importante que as Autoridades Portuarias actualicen os Pregos de Prescricións Particulares dos seis servizos portuarios establecendo clausulas relativas a indicadores de produtividade e económicos que garantan unha mellor xestión dos servizos para incremento da competitividade dos portos.

- É necesario implantar tarifas máximas dos servizos portuarios que sexan realistas. Para iso, considérase conveniente que cada Autoridade Portuaria analice cada un dos seis servizos portuarios e estableza os correspondentes plans de negocio de cada servizo portuario de maneira que nos pregos se poidan establecer unhas tarifas competitivas que fomenten a actividade do propio porto e das propias prestadoras.

É necesario que as Autoridades Portuarias esixan ás prestadoras dos servizos portuarios a comunicación/rexistro dos datos esixidos nos 
Pregos de Prescricións Particulares correspondentes ao servizo e á actividade da prestador.Estes datos son imprescindibles para o correcto desenvolvemento dos indicadores dos servizos portuarios.


- Houbo notables dificultades na obtención de indicadores económicos xa que únicamente se posúen datos de tarifas máximas pero cando se pretende calcular a relación entre a facturación media e as tarifas máximas existen notables variacións xa que a única fonte de información é o propio licenciatario que prové os datos á correspondente Autoridade Portuaria. Sería conveniente poder contrastar os datos cunha documentación máis apropiada polo que se suxire esixir o cumprimento da separación contable das actividades.

- Considérase conveniente a implantación dunha aplicación ou sistema informático para a obtención de datos necesarios para a elaboración dos indicadores. O obxectivo deste sistema sería optimizar a captura de datos, facilitar as tarefas das Autoridades Portuarias e favorecer a homoxeneización dos datos.

- Considérase necesario, de cara a mellorar a competitividade do Sistema Portuario Español, a obtención de indicadores dos servizos portuarios dos portos estranxeiros que son competencia das Autoridades Portuarias españolas. Desta forma poderase comparar aos portos españois dentro do mercado portuario europeo/internacional, de maneira que se poidan tomar medidas que melloren a competitividade.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta