miércoles, 15 de abril de 2015

No faladoiro de Radio Voz


Interveño esta mañá no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e no que compartín micrófono con Roberto Blanco Valdés e Pepe Lorenzo.

Falamos case dun modo monotemático da noticia relativa a se o ex ministro Rodrigo Rato púidose acoller á chamada periodísticamente "amnistía fiscal" e se se lle investiga por branqueo de capitais.

Dixen que a data de hoxe non me constaba a veracidade desta afirmación e precisei dúas cuestións.

A primeira que nesta lexislatura en España non houbo ningunha amnistía fiscal, senón un proceso de regularización de activos ocultos, seguindo as recomendacións da OCDE, e como o efectuara outros países Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Portugal e Grecia.

Explicando que o Goberno a puxo en marcha para recadar extraordinariamente nun momento crítico no que a recadación caeu esaxeradamente e era imprescindible para soster os servizos públicos dos españois.

 E non foi una regularización a título gratuito xa que se estableceu un gravame especial do 10 % para impulsar a declaración das rendas ocultas dentro ou fóra de España.

Non houbo unha amnistía baixo ningún concepto e grazas a ese procedemento de declaración extraordinaria, en 2012 a Facenda pública, os españois recadamos 1.200 millóns extras, que non se houbesen recadado; grazas a iso afloraron 40.000 millóns de euros de bases imponibles, que agora serven para tributar.

Aludín tamén a que todos os contribuyentes están identificados e ampáranse no artigo 95 da Lei Xeral Tributaria respecto da non difusión do seu coñecemento.

Recordei que en febreiro de 2015, a Axencia Tributaria enviou ao Servizo Executivo de Prevención e Blanqueo de Capitais (Sepblac) un listado de 705 contribuyentes presentadores da Declaración Tributaria Especial (DTE) que, de acordo coas análises realizadas, presentaban indicios de poder cometer blanqueo de capitais.

E que as actuacións da Axencia, un órgano con independencia, non se ven limitadas pola presentación da DTE, pois quen cometa un delito de blanqueo, ou de alzamiento de bens, seguirá sendo responsable dos mesmos. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta