Escoitando á comisaria europea de Transportes, Violeta Bulc

Asisto esta mañá en Madrid a un acto organizado polo Foro España Internacional de Nova Economía, para escoitar á comisaria europea de Transportes, a Eslovena Violeta Bulc.
Foi presentada polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Julio Gómez Pomar, que avogou polo desenvolvemento de infraestruturas ao servizo do emprego, o crecemento e a competitividade, dando un "papel principal" á I+D+i.
Destacou a necesidade de "seguir traballando todos" de xeito "coordinado e con empeño" en liña coas directrices europeas de mobilidade e transporte.
Puxo en valor o desenvolvemento dunha rede paneuropea de transportes "segura, eficiente e sostible", que estea, ademais, "ao servizo dos cidadáns e do desenvolvemento das empresas". Neste sentido, destacou o papel que xoga España, como "ponte" cara a América Latina, "plataforma loxística" do sur de Europa e "porta de entrada" a África.
Violeta Bulc comezou aludindo á importancia do transporte para asegurar a mobilidade das persoas e das mercadorías, "o transporte é un elemento vital para calquera tipo de economía", xa que, se deixa de haber transporte, todo se detén.
Engadiu que os investimentos en transportes han de ser intelixentes e orientados ás necesidades das empresas, que son as que crean valor.
Falando do ferrocarril, apostou porque se invista máis en transporte ferroviario no conxunto do continente destacando que España fixo un traballo excelente en materia de alta velocidade ferroviaria. Recordou que é líder en Europa e o segundo país do mundo no desenvolvemento da alta velocidade.

Afirmou que Bruxelas está moi a favor das peaxes, xa que "non" temos fontes sostibles e fiables" para financiar infraestruturas e o mantemento destas.

Neste sentido, dixo que avala que o usuario das vías e o que contamina "pague", aínda que destacou a importancia de "facelo de acordo coas leis europeas".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.