![]() |
Viaduto do Ulla |
Hoxe a ministra Ana Pastor nunha xornada
organizada polo Diario de Pontevedra
falou do Eixe Atlántico e destacou a mellora dos tempos de viaxe que ofrecerá.
A xeito de exemplo, dende Pontevedra a Vigo poderase viaxar
en 15 minutos (o tempo actual é de 36 minutos); a Vilagarcía en 16 minutos (7 minutos
menos que na actualidade); a Santiago
en 39 minutos (hoxe tárdase 56 minutos); e a Coruña en 1 hora e 8 minutos (26 minutos
menos que na actualidade).
Indicou que, para ofrecer servizos máis competitivos e axustados ás necesidades
reais dos cidadáns, se implantarán novos servizos rápidos entre os principais
núcleos urbanos, con dez traxectos por sentido ao día.
As estacións nas que pararán estes servizos son A Coruña - Santiago de Compostela - Vilagarcía de Arousa
- Pontevedra e
Vigo, e algúns
deles tamén o farán nas novas estacións de Padrón-Barbanza, Redondela AV e Arcade.
Estes servizos supoñerán unha
redución do tempo de viaxe media do 40%.
Ademais, dixo que se incrementará
nun 50% o número de prazas, pasando das 185 actuais, ás 282 prazas.
Por outro lado, Pastor
avanzou que tamén se poñerán en marcha uns servizos de proximidade, que
conectan as diferentes poboacións do corredor cos principais núcleos urbanos.
Con esta oferta, todas as estacións manteñen ou melloran as paradas actuais e
increméntanse as prazas preto dun 40%.
A ministra subliñou que a mellora
dos servizos non supoñerá un incremento das tarifas. Os prezos permanecerán
como ata agora, de modo que se manterá a tarifa actual T4 Media Distancia para os Servizos Rápidos
e a T2 Media Distancia
para os Servizos de Proximidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta