martes, 14 de abril de 2015

Na presentación de Jesús Vázquez e a sua lista

Asisto onte a un multitudinario acto no auditorio municipal de Ourensee asistir á presentación da lista do Partido Popular para as próximas eleccións municipais ao Concello de Ourense, encabezada por Jesús Vázquez.


Abriu o acto o voceiro municipal popular, Rosendo Fernández, que tras referirse o traballo de todo o equipo que lle acompañou nesta lexislatura, valorou a nova lista do PP da que sairá o futuro goberno municipal, afirmando que gañar a alcaldía supoñería culminar o traballo comezado en 2011.



Logo tomou a palabra o presidente provincial do PPManuel Baltar, que prognosticou unha maioría absoluta do Partido Popular valorando o traballo de oposición do actual grupo municipal do PP, que foi unha alternativa de goberno.



Valorou que o programa electoral do PP, fose confeccionado escoitado á sociedade en numerosas reunións e cualificou a Jesus Vázquez como o mellor alcalde posible, sinalando as súas calidades, próximo, xestor e que asumiu altas responsabilidades.


De seguido o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na sus intervención propuso aos cidadáns construír o futuro dos concellos coa maioría coherente que representa o Partido Popular.

Animou aos presentes a ter confianza nas posibilidades dos populares, xa que, como matizaba, os feitos son teimudos e falan ao seu favor. De feito, lembrou que hoxe en día en España e en Galicia hai máis emprego, máis crecemento, máis servizos públicos, máis estabilidade e máis loita contra a corrupción. “E todo o mundo sabe que iso non sería posible con outro goberno que non fose do Partido Popular”, aseverou.

Afirmou que o mellor que pode ofrecer o PP en Ourense é a experiencia, a renovación e a unidade que representa a súa candidatura. Así, puxo en valor a experiencia adquirida por Jesús Vázquez na Xunta como conselleiro, a renovación dos que se suman ao seu equipo e a unidade que supón concorrer ás eleccións cun único equipo e programa.

“Con estes vimbios, podemos dicir que estamos capacitados e decididos a dar un novo impulso en Ourense, no que o protagonismo sexa para os problemas dos ourensáns e non para os problemas do Concello”, apuntou Feijóo. 

Por último, asegurou que os populares preséntanse ás eleccións municipais co compromiso de facer todo o posible e destacou que Ourense e Galicia merecen o mellor e, se os populares llo dan, os cidadáns seguirán considerándoos merecentes da súa confianza maioritaria.

Pechou o acto Jesús Vázquez, que presentou, un a un, aos integrantes da súa lista, dos que destacou a súa ilusión e ganas de traballar dixo como principal compromiso electoral, fronte a espectáculos, xudicialización e falta de educación.

Ofreceu un goberno serio, áxil e práctico, en mans serias e preparadas e ao servizo dos ourensanos.



Na miña opinión estamos ante un candidato moi formado, unha excelente persoa, cunhas enormes ganas de traballar e que achega unha grande experiencia de xestión en áreas tan complexas como o sistema educativo. A súa capacidade de representar e de defender os intereses públicos está máis que acreditada. E ao meu xuízo a lista é moi boa e estará á altura do que esperan os nosos conveciños.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta