A vindeira sesión plenaria do Congreso dos Deputados

A próxima sesión do Pleno do Congreso comezará o martes 14 de abril coa toma en consideración da Proposición de Lei Orgánica do Grupo Parlamentario Socialista sobre a reforma do Código Penal e a Proposición de Lei Orgánica do Grupo Parlamentario Popular no Congreso para reforzar a protección das menores e mulleres con capacidade modificada xudicialmente na interrupción voluntaria do embarazo.

A continuación abordarase a Proposición non de Lei promovida por Compromís Equo, integrado no Grupo Mixto, sobre o financiamento da Comunitat Valenciana. E tamén se debaterá a Proposición non de Lei do Grupo Parlamentario Popular sobre a liberación de Leopoldo López.

Seguindo a orde do día, o Pleno do Congreso debaterá catro mocións presentadas polos grupos parlamentarios. Dous por parte da Esquerda Plural, sobre as medidas para erradicar o aumento da discriminación contra as mulleres e sobre o presente e o futuro das bases militares de uso conxunto. Tamén tratarán a moción do Grupo Parlamentario Socialista sobre as medidas para evitar retrocesos nos derchos e liberdades das mulleres e a do Grupo Parlamentario Catalán sobre as prioridades do Goberno para potenciar a economía dixital.

Na última xornada, o xoves 16 de abril, votaremos a validación ou derrogación do Real Decreto-Lei que presenta unha oferta de emprego público extraordinaria e adicional para loitar contra a fraude nos servizos públicos.

O Pleno continuará coa votación final da Lei Orgánica de modificación da Lei de Axuizamento Criminal e a Lei Orgánica do Poder Xudicial para traspoñer as Directivas da Unión Europea relativas ao dereito a interpretación, a tradución e información nos procesos penais. Tras a aprobación ou rexeitamento das emendas procedentes do Senado, o texto terá que ser aprobado por maioría absoluta do Pleno polo seu carácter orgánico.

Así mesmo, votaranse as emendas da Cámara Alta para o Proxecto de Lei do Estatuto da vítima do delito e lasenmiendas para o Proxecto de Lei de fomento do financiamento empresarial. Estas tres leis conclúen a súa tramitación e quedan listas para publicarse en BOE e entrar en vigor.

Tras o debate das emendas procedentes do Senado, trataranse os ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios internacionais.

Máis tarde, o Pleno da Cámara Baixa debaterá o ditame da Comisión de Facenda e Administracións Públicas sobre o proxecto de reforma da Lei Orgánica de financiamento das comunidades autónomas e da Lei Orgánica de estabilidade presupostaria e sostibilidade financeira.

Para finalizar, celebraranse catro debates de totalidade. O Pleno tratará a emenda de devolución presentada por deputados do Grupo Socialista, La Izquierda Plural, Grupo Parlamentario de UPyD, PNV e do Grupo Mixto, integrantes do BNG, Amaiur e ERC ao Proxecto de Lei para modificar a Lei de Montes. Tamén se formulará a emenda de devolución rexistrada por CiU e ERC, do Grupo Mixto, ao Proxecto de Lei de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.

 Do mesmo modo se estudará a emenda de devolución proposta por La Izquierda Plural, o Grupo Parlamentario Socialista e ERC, integrado no Grupo Mixto, ao Proxecto de Lei para reformar a Lei de Axuizamento Civil. Tamén se debaterá a emenda de devolución formulada polo grupo parlamentario Socialista, o de UPyD, CiU, PNV e La Izquierda Plural ao Proxecto de Lei Orgánica para modificar a L.O. do Poder Xudicial.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.