A Seguridade Social suma 160.579 ocupados no mellor mes de marzo da serie histórica


Esta mañá difundiuse o dato de que o número medio de afiliados á Seguridade Social no conxunto do Estado se situou no pasado marzo en 16.832.801 ocupados, o que supón un incremento mensual de 160.579 persoas (0,96%), a mellor cifra nese mes da serie histórica.


En Galicia o número medio de afiliados á Seguridade Social situouse no pasado mes en 923.061 ocupados, o que supón un crecemento mensual de 5.216 persoas (0,57%).



En Ourense o número medio de afiliados á Seguridade Social situouse no pasado mes en 97.595 ocupados, o que supón un crecemento mensual de 187 persoas (0,19%).



A afiliación crece en todas as comunidades autónomas, nos réximes clave e nos sectores máis representativos. Entre eles, Hostalaría, Construción e Industria.

O dato desestacionalizado (+104.360) apoia esta tendencia positiva; a ocupación aumenta con forza máis alá dos incrementos propios de marzo e acumula xa 20 meses de suba en termos desestacionalizados.


En termos interanuais, a taxa de afiliación segue na senda positiva iniciada hai catorce meses ao aumentar un 3,29%.

En termos interanuais, a taxa de ocupados crece en España un 3,29% o que se traduce en 536.512 persoas máis no Sistema. A maior parte corresponde ao Réxime Xeral, que gaña 465.207 respecto ao ano anterior, un 3,53%.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumenta un 2,38%, o que se traduce nun crecemento de 72.664 persoas respecto do mesmo mes de 2014. O Réxime do Mar descende un 1,62% (-989).

En termos interanuais, a taxa de ocupados crece en Galicia un 1,88%, o que se traduce en 17.011 persoas máis. 


No caso de Ourense, crece un 0,89%, o que representa 861 persoas máis.







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.