ADIF-Alta Velocidade licita para o Eixo Atlántico o sistema de protección do tren ERTMS

Destaco pola súa importancia, a publicación no BOE da Resolución da Entidade Pública Empresarial ADIF-Alta Velocidade, pola que se anuncia a licitación do contrato de "execución das obras e realización da conservación e mantemento das instalacións contidas nos proxectos:

 1. Proxecto construtivo para a implantación do sistema de protección do tren ERTMS centralizado distribuído no Eixo Atlántico. Tramo: Vigo-Santiago de Compostela. 

2. Proxecto construtivo para a implantación do sistema de protección do tren ERTMS centralizado distribuído no Eixo Atlántico. Tramo: Santiago de Compostela-A Coruña".



O prazo máximo de execución é de 12 meses, a contar dende o día seguinte á firma da Acta de Comprobación da Reformulación. O presuposto base de licitación ten un importe total de 68,72 M€

Prevese un prazo máximo de 6 meses para as probas de validación e posta en marcha. O mantemento será por 240 meses e comezará a contar dende tres meses antes de que finalice o período de proba e posta en servizo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.