O paro rexistrado baixa en 60.214 persoas en marzo, o maior descenso en 13 anos

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo  de 2015

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 317 persoas, un - 1,12 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 2.303  persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,62 %. 

O numero de parados queda en 27.913, deles 13.117 son homes e 14.796 mulleres, 26.263 son maiores de 25 anos e 1.650 menores.

Por sectores, 1.297 son da agricultura, 3.813 da industria, 3.476 da construción, 16.936 nos servizos e 2.391 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 5.412 persoas con respecto a febreiro (un - 2,10 %). O numero de parados queda en 252.137, deles 118.285 son homes e 133.852 mulleres, 238.288 son maiores de 25 anos e 13.849 menores.

Por sectores, 9.056 son da agricultura, 32.385 da industria, 31.922 da construción, 158.265 nos servizos e 20.509 do colectivo sen emprego anterior.

Esta baixada intermensual sitúa a Galicia como a terceira comunidade autónoma na que máis diminuíu o paro rexistrado en termos relativos, e a cuarta en termos absolutos. É, ademais, o maior descenso intermensual en termos absolutos de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 24.326  persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 8,80 %. 

A evolución interanual, xa acumula case un ano e medio de descensos consecutivos, o que confirma a mellora progresiva do comportamento do paro iniciado a finais de 2013.

Galicia sitúase en niveis de paro similares aos que había hai tres anos, o que supón volver a cifras anteriores ás do ano 2012.

España:
O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en marzo en 60.214 persoas (-1,33 %) e sitúa a cifra total en 4.451.939 persoas.

Trátase do maior descenso do desemprego neste mes dende 2002. Nos últimos 6 anos, o paro rexistrado en marzo aumentara por termo medio en máis de 35.000 persoas.


En termos desestacionalizados, o paro diminúe en 63.368 personas, o mellor dato de toda a serie histórica en calquera mes. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 23 meses de caída.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 343.927 persoas, o maior descenso interanual do paro de toda a serie histórica, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 7,17%.

O paro rexistrado diminúe en todos os sectores de procedencia dos traballadores. No caso do sector da construción o paro baixa en 8.847 persoas, un - 1,7 %. 

O paro rexistrado baixa en 16 Comunidades Autónomas. Os maiores descensos en termos absolutos anotáronse en Andalucía (-10.737), Cataluña (-9.469) e a Comunidade Valenciana (-7.772). Sobe, pola contra, no País Vasco (510).

Resaltar tamén algúns aspectos da contratación:

En marzo rexistráronse 1.441.775 contratos, o que supón un incremento do 18,5% sobre o mesmo mes do ano 2014.

Asináronse 144.291 contratos de traballo de carácter indefinido, un 27,2% máis que hai un ano. No caso da contratación indefinida a tempo completo, este incremento interanual elévase ata o 28,8%.

Os contratos de formación e aprendizaxe creceron en marzo un 43,1%, con 13.791 novos contratos. Ademais, asináronse 5.853 Contratos en Prácticas, un 49,4% máis que hai un ano.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.