jueves, 23 de abril de 2015

EPA IT. 2015 : "O emprego creceu en 504.200 persoas nos 12 últimos meses"

O Instituto Nacional de Estatistica, INE acaba de difundir os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao Primeiro Trimestre de 2015. Estos son os principais resultados:

ESPAÑA:

A ocupación descende en 114.300 persoas no primeiro trimestre respecto ao cuarto trimestre do ano anterior, ata un total de 17.454.800.

A variación trimestral do emprego é do 0,43% en termos desestacionalizados.

O emprego creceu en 504.200 persoas nos 12 últimos meses. A variación anual é do 2,97 %.

A ocupación baixa este trimestre en 143.500 persoas no emprego privado e sobe 29.200 no público. Nos 12 últimos meses aumentou en 468.000 persoas no sector privado e en 36.200 no público.

O total de asalariados con contrato indefinido aumenta en 25.300 este trimestre, mentres que o de asalariados con contrato temporal baixa en 114.500. No último ano o emprego indefinido incrementouse en 289.700 persoas e o temporal en 174.800.

 O número de traballadores por conta propia diminúe en 23.000 este trimestre e aumenta en 40.700 nos últimos doce meses.

A ocupación aumenta neste trimestre na Industria (2.300) e na Construción (30.300) e descendeu nos Servizos (135.400), e na Agricultura (11.500 menos).

Por comunidades autónomas, os maiores aumentos de ocupados danse en Canarias (12.800) e Andalucía (1.900). Os maiores descensos danse en Cataluña (24.800), Illes Balears (22.700) e  Comunitat Valenciana (19.000).

No último ano case todas as comunidades incrementan a súa ocupación. Os aumentos máis acusados obsérvanse en Comunidade de Madrid (150.500 máis), Comunitat Valenciana (83.700) e Andalucía (71.100).

O número de parados baixa este trimestre en 13.100 persoas respecto ao cuatro trimestre (variación do -0,24 %)  e sitúase en 5.444.600. A variación trimestral do desemprego é do -2,51 % en termos desestacionalizados.

Nos 12 últimos meses o paro reduciuse en 488.700 persoas.

A taxa de paro é do 23,78 %, sete centésimas superior á do trimestre anterior.



No último ano a taxa de paro descendeu máis de 2,15 puntos.


O número de activos baixa este trimestre en 127.400 ata 22.899.400. A taxa de actividade baixa 0,32 puntos ata o 59,45 %. No último ano  a poboación aumentou en 15.500 persoas. 

GALICIA:

No primeiro trimestre de 2015 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.361.600 persoas, das cales 1.263.200 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 1.100 persoas e a taxa de actividade mantense no mesmo valor.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2014, o número de activos diminúe en 16.600 persoas e a taxa de actividade faino en catro décimas.

Por sexo, a taxa de actividade masculina sobe dúas décimas con respecto ao cuarto trimestre de 2014 e sitúase no 58,8%. A taxa de actividade feminina diminúe unha décima e acada o 48,6%.

A ocupación diminúe en 12.900 persoas no primeiro trimestre de 2015 respecto á cifra do trimestre anterior, e sitúase en 978.500 ocupados. A taxa de ocupación baixa 5 décimas neste trimestre ata o 41,8%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 4.700 persoas, o que supón unha suba do 0,5% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre cae tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 3.400 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2014 e a ocupación das mulleres en 9.500 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de dúas decimas e sete décimas na feminina.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2014, o número de homes ocupados aumenta en 10.400 persoas (un 2%), mentres que o de mulleres ocupadas cae un 1,2%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados na construción aumenta en 3.100 persoas no trimestre e sitúase en 70.700 persoas. A agricultura e pesca perde 200 empregos con respecto ao trimestre anterior, a industria 2.400 e os servizos 13.400.

Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2014, o número de ocupados aumenta en todos os sectores de actividade agás na agricultura e pesca. O sector primario experimenta unha caída do 6,5%. A ocupación na industria medra un 1,7%, na construción un 8,3% e no sector servizos un 0,2%.

En Galicia había 774.000 asalariados no primeiro trimestre de 2015, 591.500 con contrato indefinido e os 182.500 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 4.900 asalariados menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución do 0,8%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal baixa en 7.100 persoas (o que supón, en termos relativos, unha caída do 3,7% con respecto ao cuarto trimestre de 2014). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido diminuíron un 1,6% mentras que os asalariados con contrato temporal medraron un 11,9%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, cae 5 décimas neste trimestre, ata situarse no 23,6%.

No primeiro trimestre de 2015 en Galicia había 275.700 persoas en paro, 11.900 máis que no trimestre anterior. En termos relativos isto supón un incremento do 4,5%. A taxa de paro sobe 9 décimas con respecto ao trimestre pasado, e sitúase no 21,8%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2014, o número de parados baixa en 21.200 persoas (un 7,1%) e a taxa de paro 1,4 puntos.

Salientar que esta enquisa reflicte a maior baixada interanual do paro en Galicia desde 2008. 

A outra forma de medir o paro, o paro rexistrado, reflicte que o desemprego descendeu en máis de 29.000 persoas no último exercicio.

Entre a EPA e o paro rexistrado temos unha visión: que baixa o paro, que soben as afiliacións á Seguridade Social e que seguimos, a pesar de que o crecemento económico en Galicia foi inferior á media, cun diferencial de máis de dous puntos menos de paro con respecto ao conxunto de España.



OURENSE:

No primeiro trimestre de 2015 a poboación ourensá de 16 ou máis anos situouse en 280.000 persoas, das cales 136.600 clasifícanse como activas. Outros datos dan enquisa son:

- Ocupados: 104.600. No último trimestre de 2014  eran 107.400, o que representa unha baixada de 2.800 persoas. A Variación interanual é positiva en 900 persoas, pois no primeiro trimestre de 2014 foron 103.700 os ocupados.

- Parados: 32.000. No último trimestre de 2014  eran 27.800 o que representa un aumento de 4.200 persoas. A Variación interanual é negativa en 2.600 persoas, pois no primeiro trimestre de 2014 foron 29.400 os parados.

- Taxa de Actividade: 48,80 %. Medrou en 1,80 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2014.

- Taxa de Paro: 23,40 %. Medrou en 1,30 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2014.


-  Taxa de Ocupación: 37,40 %. Medrou en 0,70 puntos con respecto ao primeiro trimestre de 2014. 


Fontes: INE e IGE


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta