miércoles, 22 de abril de 2015

Rajoy: " España é un país con institucións fortes, democráticas e que funcionan"

Esta mañá celebramos no Congreso dos Deputados a habitual sesión de control ao Goberno.


En contestación a unha pregunta do deputado socialista Pedro Sánchez sobre a calidade democrática das institucións, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, afirmou que España "é un país con institucións fortes, democráticas e que funcionan".

Tras afirmar que a xustiza é independente, o presidente do Goberno recordou que os nomeamentos no Tribunal Constitucional e no Consello Xeral do Poder Xudicial se fixeron co voto a favor do PSOE. Sobre a Axencia Tributaria (AEAT), Rajoy subliñou que as decisións do Goberno permitiron aflorar 124.000 millóns de euros nesta lexislatura, un diñeiro que a partir de agora vai tributar en España.

O xefe do Executivo tamén destacou outros datos. Entre 2012 e 2014, a loita contra a fraude logrou recadar 34.785 millóns de euros, o que supón o mellor dato na historia da AEAT. Nesta liña, agregou que, segundo o INE, no primeiro trimestre de 2015 xa se recadaron 2.889 millóns de euros.

Ademais aclarou que o proceso de regularización fiscal "nin limpa nin borra delitos", Rajoy asegurou que non facilitará os datos de ningún contribuínte, tal e como fixeron os gobernos anteriores cumprindo coa súa obriga.

En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, o presidente do Goberno afirmou que o seu Executivo vai seguir traballando por abaratar o prezo da electricidade en Galicia e no resto de España. Neste sentido, recordou que a reforma eléctrica que se levou a cabo na actual lexislatura rematou co déficit de tarifa (26.000 millóns de euros) e evitou que este volva xerarse.

Ademais, a reforma permitiu que o prezo da luz baixe, tras varios anos de continuas subas.

Mariano Rajoy destacou que, en 2013, a tarifa eléctrica baixou, para o consumidor doméstico, o 3,1% e, en 2014, o fixo o 5%. Segundo o INE, no primeiro trimestre de 2015, a diminución foi do 2,1%. Ademais, o presidente explicou que agora se está a traballar nas interconexións eléctricas, algo "capital para que baixe a electricidade" e para que "a nosa economía sexa máis competitiva".

O presidente do Goberno defendeu en todo momento que a tarifa da luz sexa igual para todos os españois, "independentemente do lugar de España no que residan". Segundo explicou, eliminar os principios de igualdade e solidariedade sería malo "para o conxunto dos españois e especialmente negativo para o conxunto dos galegos".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta