sábado, 18 de abril de 2015

Eleccións Locais 2015: "Presentada a candidatura de Manuel Baltar para presidir a Deputación de Ourense"

Participo esta mañá no multitudinario acto celebrado no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova para asistir ao acto de presentación da candidatura de Manuel Baltar á Presidencia da Deputación de Ourense.

Comezou coa benvida a cargo do alcalde de Celanova, José Luis Ferro, logo foi o turno da voceira do PPOU, Cristina Romero, logo o secretario de Organización do PPOU, Pablo Pérez, seguido do vicesecretario xeral do PPOU, Jorge Pumar.


A penúltima intervención foi do secretario xeral do PPOU Rosendo Fernández, que recalcou que “Manuel Baltar será o próximo alcalde dos alcaldes. A mellor persoa e o mellor politico para colaborar e coordinar a todos os alcaldes”


Pechou o acto Manuel Baltar que reafirmou a súa paixón por Ourense: "Unha terra traballadora, creativa e emigrante". Precisamente, quixo facer unha lembranza aos ourensáns emigrantes.


Agradeceu ao Comité Electoral do PPOU a súa designación como candidato á Presidencia da Deputación. "Non hai ningunha dúbida de que o día 24 de maio haberá un novo triunfo contundente. A única dúbida que existe é a de quén é o candidato a presidir a Deputación polo PSOE ou polo BNG. Nin eles o saben".


No tocante ao seu programa de goberno “Ourense 15-19”, recalcou a importancia do Territorio e da Cooperación. "Creo na Deputación como elemento transformador da provincia, nun conxunto de persoas que pensan en clave de Ourense. Temos equipo e temos programa: 77 medidas (dispoñibles na páxina web do PPOU) que serán unha realidade"

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta