domingo, 19 de abril de 2015

Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados


O próximo martes 21, teremos Pleno que comezará ás 16,00 horas coa toma en consideración dunha Proposición de reforma do Regulamento do Congreso en relación á tramitación das Proposicións de Lei de iniciativa popular, presentada polo Grupo Socialista.


A continuación, debaterase a toma en consideración da Proposición de Lei presentada por CiU sobre reforma do Imposto sobre Sociedades para reporner a dedución por investimentos con obxectivos de mellora ambiental.

Por último, na sesión do martes tamén se abordarán dúas Proposicións non de Lei: unha do Grupo Socialista sobre aprobación da estratexia de Goberno Aberto, e outra do Grupo Popular relativa á introdución dunha perspectiva familiar en todas as políticas públicas.

O mércores terá lugar a sesión de control a partir das 09,00 horas, coas preguntas e interpretacións urxentes.

Ao día seguinte, o xoves á mesma hora, o Pleno comezará co debate de validación ou derrogación do Real Decreto Lei para a reforma urxente do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Despois do debate do ditame sobre o Proxecto de Lei Orgánica de Réxime de Persoal da policía Nacional, terá lugar o debate de totalidade sobre o Proxecto de Lei de ordenación, supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras.

 Por último, o Pleno verá o Acordo da Comisión de Interior en relación co Informe aprobado pola Subcomisión de Estudo sobre as Redes Sociais.