miércoles, 25 de marzo de 2015

Sobre as obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e da Biblioteca Pública do Estado en Ourense

Acompaño hoxe á miña compañeira ourensana Ana Belén Vázquez, na súa intervención na Comisión de Cultura na fixación de posición do GPP nunha Proposición non de Lei do BNG sobre as obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial e Biblioteca Pública do Estado en Ourense no antigo Convento de San Francisco.

Ana Vázquez confirmou que as obras que foron adxudicadas por un importe de 13.310.000 euros e cun prazo de execución previsto de trinta e dous meses, avanzan ao ritmo comprometido e finalizarán en maio de 2016.

Ana Vázquez afirmou que malia que ambas as dúas obras se están a tramitar no mesmo expediente son proxectos desagregados, polo que é moi posible que a Biblioteca Pública, cuxas obras xa están practicamente finalizadas, poidan ser recepcionadas este mesmo ano, xa que se leva traballando dende finais de 2014 cos responsables da Xunta na definición do equipamento e mobiliario necesario.

A previsión é que as obras do Arquivo, que están nunha fase máis inicial, conclúan no prazo estipulado pola empresa adxudicataria a mediados de 2016, polo que Ana Vázquez apuntou que non pode compartir a petición do grupo mixto de pedir que se impulsen unhas obras que van segundo o previsto.

Recordou que foi precisamente o Partido Popular o que impulsou este proxecto, que foi paralizado polo PSOE dende 2004 e cuxas obras foron continuadas polo PP en 2012. Neste sentido, Ana Vázquez mostrou unha resposta da exministra socialista Carmen Calvo na que esta se comprometía a que as obras se finalizasen en 2007, algo que, claramente, non cumpriu.
Segundo dixo, "tivo que ser o PP, en época de crise, que impulsase estes proxectos culturais tan reivindicados durante anos pola cidade de Ourense despois de que o PSOE, en época de vacas gordas, os abandonase,".

Tivo palabras de recoñecemento para o ex conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez, que traballo moito por impulsar este proxecto, lembrando as consignacións orzamentarias do Estado en 2013 e 2014.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta