Intensa actividade lexislativa no Pleno do Congreso


Finalizamos agora o Pleno do Congreso dos Deputados que aprobou a reforma da Lei Orgánica do Código Penal; a Lei Orgánica de Seguridade Cidadá, la Lei Orgánica de control da actrividad económico-financeira dos partidos e a Lei reguladora do Alto Cargo, e a Lei Orgánica de reforma do Código Penal en materia de terrorismo.

A sesión comezou esta mañá, ás 9,00 horas, coa comparecencia da Defensora do pobo, Soledad Becerril, para presentar o Informe desta institución sobre a xestión realizada durante o ano 2014.

A sesión continuou co debate sobre o Real Decreto-Lei polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados polas inundacións e outros efectos dos temporais de chuvia, neve e vento acaecidos nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2015, que foi validado con 319 votos a favor, e unha abstención.

Posteriormente, debatéronse e aprobaron as emendas do Senado á Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995 do Código Penal, que con 181 votos a favor, 134 en contra e 2 abstencións, alcanzou a maioría absoluta necesaria polo seu carácter orgánico e quedou lista para ser publicada no BOE e entrar en vigor.

Tamén se aprobou, con 181 votos a favor, 140 en contra e 1 abstención, a Lei Orgánica de protección da seguridade cidadá, coas emendas aprobadas polo Senado, que se incorporan ao texto definitivo.

O Proxecto de Lei Orgánica de control da actividade económico-financeira dos Partidos Políticos, aprobouse con 197 votos a favor, 122 en contra e 3 abstencións, tamén coas emendas do Senado; ao igual que o Proxecto de Lei reguladora do exercicio do alto cargo da Administración Xeral do Estado, que non require votación de conxunto por non ser orgánica.

Por último, quedou aprobada, con 283 votos a favor, 24 en contra e 14 abstencións, a reforma da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal en materia de delitos de terrorismo, á que se incorporan tamén todos os cambios realizados durante a súa tramitación na Cámara Alta.

Por último, tivo lugar o debate de totalidade do Proxecto de Lei do Sistema Nacional de Protección Civil que inicia a súa tramitación ao rexeitarse, con, as emendas de devolución presentadas por CiU, a Esquerda Plural, CiU e ERC (Grupo Mixto). 34 votos a favor, 286 en contra e 1 abstención.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.