Escoitando o arcebispo de Madrid, Carlos Osoro

A suspensión da sesión de control ao Goberno polo tráxico accidente aéreo, permitiume as 9,00 horas asistir nun Hotel de Madrid a unha conferencia organizada polo Forum Europa a cargo do arcebispo de Madrid, Carlos Osoro, ao que teño o gusto de coñecer dende a súa estanza en Ourense como bispo da Diocese dende 1997 a 2002.

Non defraudou as expectativas e referiuse con claridade a varios temas de interese estruturando o seu discurso dedicando unha serie de benaventuranzas a diversos colectivos.
Apelou aos políticos a que sexan "servidores", máis que vencedores dos seus contrincantes, e que traballen pola xustiza social. E recordou que "a Igrexa non fai política, respecta a laicidade, pero ofrece unha visión da política dende a doutrina social da Igrexa", dixo. E apostilou que esta institución sempre "vai considerar as cousas dende o punto de vista da dignidade do home".


http://archimadrid.org/index.php/oficina-de-informacion/noticias-madrid/item/72157-o205204



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.