domingo, 15 de marzo de 2015

Rajoy: " O autónomo é hoxe a medula espiñal da economía española, e é un grande activo para o noso país, necesitámolos"

Onte o presidente do Goberno Mariano Rajoy clausurou II Foro de Emprendedores e Autónomos organizado pola Federación Nacional de Traballadores Autónomos (ATA).


Na súa intervención, Mariano Rajoy subliñou o protagonismo dos autónomos na recuperación da economía española, xa que souberon "construír e non destruír" e aguantar nos momentos complicados: "Hoxe hai en España 43.000 autónomos máis que cando chegamos ao Goberno e, ademais crearon moito emprego neto".


Destacou que España necesita dos seus sonos, do seu esforzo, dedicación e vontade emprendedora: "Haberá máis emprego, máis benestar e máis riqueza se hai máis pequenas e medidas empresas e máis autónomos no noso país. O autónomo é hoxe a medula espiñal da economía española, e é un grande activo para o noso país, necesitámolos".


Rajoy afirmou que as propostas dos autónomos son "interesantes e xustas", e que as atenderá na medida que poida facelo. Neste sentido, anunciou que o Goberno presentará nas próximas semanas o Proxecto de Lei de Actualización do Estatuto do Traballo Autónomo e de Fomento da Economía Social.

Un documento que, "vai ordenar e a sistematizar o conxunto de incentivos ao autoemprego que hoxe se encontran en vigor coa finalidade de proporcionar unha maior claridade e seguridade xurídica".

E que incorporará novos incentivos como "permitir que aqueles autónomos que xa se están a beneficiar da tarifa plana poidan contratar empregados sen que iso signifique que teñan que renunciar aos incentivos previstos, e a posibilidade de que os futuros autónomos ou emprendedores, de calquera idade, poidan capitalizar ata o cen por cento da prestación por desemprego para iniciar unha actividade por conta propia ou, se o prefiren, compatibilizar a prestación co inicio dunha actividade emprendedora"

Mariano Rajoy recordou que España crece e crea emprego por primeira vez nos últimos anos e, ademais, está na cabeza do crecemento en Europa: "O ano 2014 foi o primeiro dende 2006 no que en España se crea emprego e baixa o paro".


Non obstante, o presidente dixo que a creación de emprego ten que seguir sendo "a gran prioridade nacional" e formulou que España necesita nos próximos "catro anos longos" chegar aos 20 millóns de persoas traballando.

"O ano pasado, 2014, creáronse 440.000 empregos netos crecendo ao 1,4%. Este ano imos crecer, polo menos, ao 2,4%; polo tanto, entre os anos 2014 e 2015 vanse crear en España un millón de postos de traballo netos, e nos próximos anos hai que crear, polo menos, 500.000 postos de traballo ao ano, e pódese facer, é absolutamente posible",pronosticou.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta