domingo, 15 de marzo de 2015

Fomento somete a información pública o proxecto de conexión entre as estradas N-120 e N-536 en Valdeorras



O BOE do xoves 12 de marzo publica un Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia co que o Ministerio de Fomento inicia, o período de información pública do proxecto de trazado: "Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo - O Barco de Valdeorras", na provincia de Ourense, aprobado provisionalmente o pasado 25 de febreiro.


A lonxitude da actuación é de 5,6 Km e o presuposto estimado para a execución das obras de 59,7 M €.

Características Técnicas:

O presente proxecto redáctase coa finalidade de resolver da forma máis óptima posible a conexión entre as estradas N-536 e N-120 nas proximidades da localidade de O Barco de Valdeorras, cumprindo desta forma dúas funcións:

- Servir como variante de poboación que evite o paso polo interior do núcleo.


- Mellorar as comunicacións de toda a bisbarra.

No tramo obxecto deste proxecto deséñanse tres nós: unha glorieta ao inicio do proxecto (na confluencia da propia N-536 coa OU-122), unha intersección en T con carrís de espera (no P.K. 3 +450) e un enlace ao final do tramo, que serve de conexión coa N-120, e que consiste nunha glorieta elevada.

Ao longo do trazado proxéctanse un total de 9 estruturas: 5 viadutos, 3 pasos superiores e un paso inferior. Tamén foi necesario proxectar un túnel de 490 m. de lonxitude que atravesa o monte O Serro.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta