martes, 3 de marzo de 2015

O maior descenso do paro rexistrado nun mes febreiro en 14 anos de estatísticas


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de febreiro  de 2015

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 115 persoas, un 0,41 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 2.273  persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do 7,45 %. 

O numero de parados queda en 28.230, deles 13.354 son homes e 14.876 mulleres, 26.606 son maiores de 25 anos e 1.624 menores.

Por sectores, 1.337 son da agricultura, 3.879 da industria, 3.576 da construción, 17.094 nos servizos e 2.344 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en febreiro en 1.453 persoas con respecto a xaneiro (un 0,56 %). O numero de parados queda en 257.549, deles 122.204 son homes e 135.345mulleres, 243.761 son maiores de 25 anos e 13.783 menores.

Por sectores, 9.503 son da agricultura, 33.311 da industria, 33.163 da construción, 161.295 nos servicios e 20.277 do colectivo sen emprego anterior.

O descenso do foi do 8,04% a nivel interanual. Isto supón o mellor comportamento interanual nun mes de febreiro de toda a serie histórica en termos absolutos e desde 2007 se falamos en termos relativos.

O noso dato é mellor cá media do Estado, onde a caída intermensual foi do 0,30% e a interanual do 6,24%. Con respecto ás demais autonomías, Galicia é a sexta na que máis se reduce o desemprego.


Trátase da décimo sexta baixada interanual consecutiva de paro rexistrado, o cal consolida a mellora progresiva do emprego en Galicia que se iniciou xa a finais de 2013.

Por provincias, a baixada lidéraa A Coruña (en Ourense subiu o desemprego lixeiramente, en 115 persoas).

Por sectores, os que rexistraron o mellor comportamento foron a construción e a industria.

Por idades, a maior baixada porcentual, dun 0,85%, produciuse entre os máis novos.

Tamén sube a afiliación á Seguridade Social, que aumenta nun 0,49% intermensual e nun 1,65% interanual. É a undécima suba interanual e a maior, con diferenza, de todas elas.


 España:

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en febreiro de 2015 en 13.538 persoas (un 0,30 %) e sitúa a cifra total en 4.512.153 persoas.

Deles os 2.117.980 son homes e 2.394.173 mulleres. Son menores de 25 anos, 387.501 e maiores, 4.124.652.

Por sectores, 228.851 son de agricultura, 446.109 da industria, 525.166 da construción, 2.938.404 de servizos e 373.623 do colectivo sen emprego anterior.

Trátase do mellor comportamento do desemprego neste mes dende 2001. Nos últimos 7 anos, o paro rexistrado en febreiro crecera por termo medio en 90.000 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro diminúe en 49.653 personas,el mellor dato nun mes de febreiro de toda a serie histórica. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 22 meses de caída.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 300.333 persoas, o maior descenso interanual do paro nun ano dende 1999, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 6,24%.

Por sectores de procedencia das persoas no paro, este diminúe entre os traballadores cuxas últimas actividades foron a construción (10.091, un 1,9%), a Industria (6.535, un 1,4%) ou os Servizos (223 persoas). Aumenta entre os que traballaran na Agricultura e Pesca (467, un 0,2%). Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, o paro aumenta en 2.844 persoas (0,8%).

O paro rexistrado baixa en 14 Comunidades Autónomas. Os maiores descensos anotáronse en Cantabria (-3.242), Illes Balears (-2.771) e Extremadura (-2.666). Sobe, pola contra, en 3, das que destacan a Comunidade de Madrid (2.411) e Andalucía (2.121).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta