No Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ‘Xantar 2015”

Asisto hoxe en Expourense ao acto inaugural de do XVI Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ‘Xantar 2015” nun acto que foi presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Na súa intervención, Rueda destacou que o evento encaixa á perfección cos grandes eixes da política da Xunta, que pasan por potenciar o turismo, especialmente o internacional; e pola internacionalización da nosa economía e das nosas empresas.

Boa mostra deste apoio, dixo " é que o ano pasado Galicia bateu o seu récord de turistas, superando o millón de visitantes, na súa maioría estranxeiros; e que o número de empresas que exportaron en 2014 ascendeu a 6.200, un 30 por cento máis das que o facían en 2009.

Nesa liña seguiremos durante este ano, ampliando os obxectivos do Plan Integral de Turismo e coa aprobación, o pasado mes de febreiro, dunha Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega, que marca para 2020 obxectivos de incremento tanto no volume de exportacións como no número de empresas exportadoras."

Neste contexto Rueda resaltou "xoga un papel esencial o apoio a ‘Xantar’, xa que segundo expuxo o vicepresidente é unha “ferramenta imprescindible” para alcanzar eses obxectivos turísticos e de externalización. Xantar proxecta internacionalmente a nosa gastronomía, tanto para lograr compradores nos mercados globais como para lograr visitantes que queiran vivir a experiencia de degustar os nosos produtos no seu ambiente natural"

Por último Rueda destacou outras das grandes apostas que o salón de turismo gastronómico fai e que tamén coinciden con obxectivos estratéxicos da Xunta, como son o interese pola profesionalización dos traballadores do sector hostaleiro e a relevancia que se da este ano á dieta saudable, nun momento en que desde a Consellería de Sanidade se está executando un plan específico para combater a obesidade infantil.

O XVI Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase en Expourense do 4 ao 8 de marzo e conta con máis de 180 expositores en arredor de 12.000 metros cadrados de superficie. Os expositores proceden maiormente de Galicia, Portugal e Castela e León; e nesta edición o país convidado é Costa Rica, cuxo cónsul xeral, Guillermo Rojas Vargas, estivo presente no acto.

Os obxectivos principais de Xantar son, entre outros, promover o turismo a través da gastronomía, exaltar as festas gastronómicas, reforzar a oferta gastronómica ligada ao turismo rural, e servir coma plataforma para os produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade das distintas denominacións de orixe.

Xantar conta por primeira vez con dúas aulas gastronómicas simultáneas nas que prestixiosos chefs de Galicia, Portugal e Costa Rica (país convidado) están a facer exhibicións de cociña en directo. Unha esta liderada pola Consellería de Medio Rural e Mar e a outra polo Grupo Cuevas. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.