O futuro das provincias

Asisto esta mañá ao acto de inauguración da "III Xornada sobre o futuro das provincias" organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local.

Unha xornada, que contou coa presenza de alcaldes, secretarios e técnicos da Administración Local ademais de público en xeral, na que analizouse en relatorios e debates as competencias provinciais e as estratexias de Transparencia e "goberno aberto" dos gobernos locais intermedios.

Interveu en primeiro lugar Josep Llobet Navarro, deputado delegado da Deputación de Barcelona para as Relacións coa Fundación Democracia e Gobierno Local.

E logo foi o turno do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que defendeu a necesidade de traballar cunha visión integral de provincia e coa máxima da asistencia e cooperación cos concellos, para que a xestión das deputacións sexa o máis eficaz e eficiente posible.

Dixo que estamos nunha etapa de "redimensionamento competencial" "na que temos que avogar por unha administración, unha competencia e un financiamento, pero tamén debemos achegar á cidadanía o traballo que facemos coa máxima transparencia para que se coñeza perfectamente todo o que as deputacións fan polos municipios e os cidadáns".

Baltar subliñou que unha das eivas máis importantes que existe na actualidade no que atinxe ás deputacións é de carácter electoral debido a que os cidadáns non poden elixir directamente aos seus deputados provinciais, algo que leva años solicitando que se modifique, "unha anomalía que se corrixirá máis cedo que tarde", afirmou.

Defendeu a "fusión de servizos" para optimizar as economías dos concellos e dixo que a importancia das deputacións radica en que esta administración "ofrece servizos e desenvolve iniciativas que ninguén faría", entre os que citou como exemplo a recollida de lixo (con 50 concellos adscritos a este servizo) e a recadación de tributos (51 concellos adscritos), "ao que temos que engadir o Plan "Ourense, á provincia termal" ou a tramitación da solicitude de declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade".

Logo escoitei o primeiro dos relatorios, sobre "A provincia na Constitución española de 1978. Perspectivas de futuro", que foi ofrecido dun xeito brillante por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.