Sobre o Anteproxecto de Lei do Sector Ferroviario

Tamén de grande importancia foi a presentación hoxe no Consello de Ministros pola ministra de Fomento Ana Pastor , do informe sobre o Anteproxecto de Lei do Sector Ferroviario, que consolida o rigor na planificación e construción de novas infraestruturas, e propicia a apertura da rede para potenciar o uso da alta velocidade mediante a mellora da calidade e o aumento da oferta.


Supón un novo marco xurídico completo aplicable ao sector ferroviario. A normativa vixente dende 2003 foi obxecto de varias modificacións nos últimos meses para acometer importantes reformas estruturais. Entre elas, destacan a integración de Feve en Renfe e ADIF; a división en Renfe en catro sociedades; o paquete normativo que permitiu iniciar a liberalización dos servizos de transporte de viaxeiros e a reorganización de ADIF e a creación de ADIF Alta Velocidade.

Ademais, facíase necesario traspoñer ao ordenamento xurídico español unha Directiva do 21 de novembro de 2012 pola que se establece un espazo ferroviario europeo único.


A nova norma consolida a reforma emprendida polo Executivo e, ademais, adapta a normativa á creación da Axencia de Seguridade Ferroviaria, reforzando todos os mecanismos relativos á seguridade.


O texto reforza os mecanismos para unha planificación rigorosa das infraestruturas ferroviarias, esixindo que existan as fontes de financiamento suficientes.

Igualmente, establécese un novo sistema de canons co obxectivo de incrementar o uso da rede de ferrocarrís española. Entre outras novidades, destaca a supresión do canon anual de acceso á rede e a bonificación da posta en marcha de novos servizos ferroviarios.


Xunto a iso, inclúense novas medidas para mellorar a competitividade do transporte ferroviario de mercadorías como son:


. O establecemento de medidas liberizadoras dos servizos que se prestan nas terminais ferroviarias públicas, que supoñerán unha redución de custos

. A imposición de novas condicións de transparencia para a actuación dos administradores de infraestruturas
. Simplificación do réxime tarifario e das autorizacións necesarias
. A eliminación do canon de acceso supón eliminar unha importante barreira á entrada
. O impulso do papel dos portos como administradores das infraestruturas ferroviarias dentro do seu dominio público.

En materia de transporte de viaxeiros impóñense aos operadores condicións para garantir un funcionamento transparente do mercado, como son a obriga de achegar ao Ministerio de Fomento información estatística e contable ou a obriga de levar contas separadas entre as actividades de mercadorías e viaxeiros, e dentro dos de viaxeiros, entre os servizos comerciais e os servizos declarados de obrigas de servizo público.

Ademais, establécese que as empresas deben contar cun plan de asistencia a vítimas e se recollen os dereitos das vítimas de accidentes.

Por outra parte, o texto inclúe un novo título específico dedicado a seguridade ferroviaria, que non existe na Lei vixente, e se adapta o seu contido á creación da nova Axencia de Seguridade Ferroviaria que será independente e non poderá encomendar funcións dos administradores de infraestruturas, empresas ferroviarias ou entidade adxudicadora, dotándoa de mecanismos propios de financiamento, co obxecto de reforzar a súa independencia.

Por último, formúlase un réxime sancionador máis proporcional, reforzando as sancións sobre dereitos dos pasaxeiros e aspectos relacionados coa seguridade.

A partir de agora, vaise iniciar un amplo trámite de audiencia pública a todos os actores do sector (empresas ferroviarias, asociacións, Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia), co obxecto de asegurar o maior consenso posible. Tras a análise de todas as alegacións recibidas, elaborarase un novo texto que se remitirá ao Consello de Estado e, a continuación, se elevará ao Consello de Ministros para a súa aprobación como Proxecto de Lei e a súa remisión ao Congreso.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.