Onte asinouse en La Moncloa un relevante Convenio
subscrito polos Ministerios de Educación e Cultura, de Economía e
Competitividade e de Industria, Enerxía e Turismo. Os titulares destas
carteiras, José Ignacio Wert, Luis de Guindos e José Manuel
Soria, respectivamente, rubricárono, nun acto presidido polo presidente
do Goberno, Mariano Rajoy.
Investiranse 330 millóns de euros en estender o acceso ultrarrápido a internet de máis de 16.500 centros docentes de primaria e secundaria, díeses con fondos públicos. O citado convenio, beneficiará a máis de 6,5 millóns de alumnos.
Na súa intervención Mariano Rajoy, asegurou que
investir en educación é "investir en mellorar as persoas" e é o
mellor investimento no porvir. Apostar pola educación "é o mellor que
podemos facer pola España de hoxe e, sobre todo, pola España de mañá".
O presidente do Goberno explicou que o sistema educativo español, que conta con 670.000 profesores que traballan en máis de 28.000 centros docentes, ofrece a mesma calidade e as mesmas oportunidades a todos os nenos, vivan nas zonas rurais ou nos grandes núcleos urbanos. Así todos teñen garantida a igualdade de oportunidades.
Rajoy resaltou que o convenio subscrito ten un obxectivo claro: "Que todos os estudantes dispoñan das infraestruturas necesarias para aprender coas últimas tecnoloxías educativas dispoñibles, independentemente da súa situación xeográfica,". Porque, agregou, o presente xa é dixital e o futuro vaino ser moito máis.
Tamén afirmou que, se ben se avanzou na incorporación das novas
tecnoloxías ás aulas, non se desenvolveu á mesma velocidade a conexión a
internet. "É o que este convenio vén a solucionar", sinalou o
presidente. Trátase de "unha aposta decidida para a modernización da
educación a nivel nacional, unha aposta que contribúe especialmente a diminuír
a brecha dixital e a fomentar a igualdade de oportunidades".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta