miércoles, 18 de marzo de 2015

FOND-ICO Global mobiliza máis de 2.500 millóns de euros para investimentos en España

Hoxe coñecemos que Asix, a sociedade de Capital Risco do Grupo ICO, resolveu a Cuarta Convocatoria de FOND-ICO Global coa selección de seis fondos, nos que investirá 123,75 millóns de euros.

A esta convocatoria, que contaba coas categorías de Capital Expansión, Venture Capital e Incubación, presentáronse 15 fondos, dos cales o 40% son internacionais.

Estes datos poñen de manifesto o interese e compromiso dos investidores internacionais por investir en empresas españolas, así como a confianza na nosa economía e nas súas perspectivas de cara aos próximos anos.

O investimento de FOND-ICO Global nos seis fondos seleccionados alcanza un máximo de 123,75 millóns de euros, dos cales 75 millóns se destinarán aos dous fondos de Capital Expansión, 34,75 millóns aos dous de Venture Capital e 14 millóns aos dous restantes de Incubación. Pola súa banda os candidatos elixidos investirán en España un mínimo de 573,44 millóns de euros, o que supón 4,6 veces a cantidade comprometida por FOND-ICO Global.

Nas catro convocatorias realizadas dende o seu lanzamento, FOND-ICO Global comprometeu un investimento de 755 millóns de euros en 29 fondos. Pola súa banda os fondos seleccionados inverterán un total de 2.567 millóns de euros en empresas españolas, o que sen dúbida repercutirá nunha mellora da súa competitividade e se potenciará a creación de emprego.

Hai que felicitar ao ICO que preside a viguesa Irene Garrido, pois a posta en marcha de FOND-ICO Global foi decisiva na dinamización e reactivación do sector do Capital Risco en España, apoiando e potenciando os principais actores da nosa economía, as Pemes e os emprendedores, no acceso a un financiamento competitivo alternativo ao bancario que lles permita soster a súa actividade, o seu dinamismo, para impulsar o seu desenvolvemento futuro e seguir xerando emprego.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta