jueves, 5 de febrero de 2015

Rolda de prensa para falar de impostos, pensións e emprego

Os deputados nacionais Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, así como os senadores do PP de Ourense Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Juan Manuel Jiménez Morán comparecimos hoxe en rolda de prensa para abordar asuntos de actualidade económica do Goberno presidido por Mariano Rajoy de interese para a provincia, como son a reforma fiscal, as pensións  e o emprego.

REFORMA FISCAL

En relación á reforma fiscal, desgranei datos por anualidades referidos á provincia de Ourense. Así, dixen que a reforma do IRPF en Ourense suporá unha inxección en 2015 de algo mais de 24 millóns de euros para os seus 147.353 declarantes, devolvendo aos petos dos ourensáns 166 € de media por declarante. De feito, no pasado mes de xaneiro, a rebaixa de impostos xa supuso unha inxección de dous millóns de euros en Ourense.

No que respecta ao ano 2016, o impacto da segunda fase da reforma respecto ao ano anterior será de 8 millóns de euros adicionais, o que suporá devolver aos petos dos ourensáns 53 € de media por declarante. A suma de ámbalas dúas anualidades (2015+2016) revertirá en que a reforma do IRPF en Ourense suporá unha inxección de mais de 32 millóns de euros para os seus 147.353 declarantes, devolvendo aos ourensáns unha media por declarante de 219  €.

Afirmei que, en termos xerais, a reforma fiscal que entrou en vigor o 1 de xaneiro deste ano consiste nunha baixada de impostos, feita con equidade e que beneficia a tódolos españois.

No que respecta  ao IRPF, beneficia a máis de 20 millóns de contribuíntes en todo o Estado, que terán máis renda dispoñible, cunha rebaixa media de 12,5% e que será do 23,47% para aqueles contribuíntes con rendas inferiores a 24.000€ (que son o 72% dos cidadáns). As rendas inferiores a 12.000€ non tributarán.

No tocante ao Imposto de Sociedades, dixen que se baixa o tipo de gravamen do 30% ao 28% en 2015, e ao 25% en 2016, o que sitúa a España lixeiramente por baixo dos seus principais socios comerciais (Alemania, Francia e Italia). O que vai a permitir gañar en competitividade e favorecerá o investimento, o crecemento e a creación de emprego.

PENSIÓNS

Expliquei que dende que tomou posesión o actual Goberno, a pensión media de xubilación se incrementou nun 3,54 %. Unha aposta é firme para que os pensionistas gañen poder adquisitivo.

Hoxe hai 400.000 pensións máis que en 2011. O Goberno conseguiu garantir que 9.282.732 pensionistas cobrasen e cobren mes a mes, puntualmente, as súas pensións.

Dixen que se hai que utilizar o Fondo de Reserva, se utilizará para apoiar aos pensionistas ata o final, e que se revalorizaron as pensións en 2012, en 2013 e en 2014, e volverán a ser revalorizadas nun 0,25% en 2015, porque é un dereito irrenunciable que teñen os pensionistas neste país.

En clave ourensá, informei que en 2015 todas as pensións dos 109.683 pensionistas ourensáns se revalorizarán nun 0,25%.

Entre esta revalorización e a reforma fiscal, a pensión media neta mensual aumentará un 3% con respecto ao ano 2014.

Polo tanto, en 2015 se prevé que todas as pensións volvan a gañar poder

adquisitivo.

EMPREGO

Na rolda de prensa fixemos referencia aos datos coñecidos o pasado 22 de xaneiro relativos á Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre de 2014 referidos á provincia de Ourense, que acreditan que pechamos 2014 con 107.400 ocupados (en 2013 eran 102.900), o que supón un crecemento da ocupación de 4.500 persoas.

A enquisa da EPA tamén sinala que se pechou 2014 con 27.800 parados (en 2013 eran 31.100), o que supón 3.300 desempregados menos.

 No que se refire á taxa de paro, quedou situada a final de ano no 20,59% (en 2013 era do 23,21%). Polo tanto, se reduce en 2,62 puntos. Unha taxa de paro provincial inferior en 3,11 puntos respecto á media nacional (23,70%).

Lembrei que sen ningún triunfalismo, cabe valorar estes datos como moi positivos e evidenciadores da recuperación económica da economía ourensá no contexto da economía naciona.

Tamén falaron de que ao peche de 2014, a provincia de Ourense contabilizou 27.314 parados rexistrados, cando a finais do ano 2013 foran 29.276. Polo tanto en 12 meses saíron das listas do paro un total de 1.962 persoas, o que representa, en valores porcentuais, o -6,70%; 1,31 puntos máis de descenso que a media nacional.

O último dato coñecido de paro rexistrado na provincia é de xaneiro de 2015, que contabiliza un total de 28.115 persoas. Dixen que se comparamos este dato co do mesmo mes de 2014, resulta que en Ourense hai 2.542 parados menos, o que supón unha caída do desemprego do 8,29%.

E que ao igual que os da Enquisa de Poboación Activa, son uns datos esperanzadores e temos a confianza de que se siga reducindo o desemprego no presente ano 2015.

Rematou a rolda a deputada Ana Belén Vázquez explicando os últimos datos do Balance de Criminalidade que presentou onte o Ministerio de Interior correspondente ao cuarto trimestre de 2014., destacando que mellor dato de Galicia rexistrouse precisamente en Ourense, onde en 2014 se rexistraron 8.176 delitos e faltas, o que constitúe un descenso do 11,1%, cuxa cifra ascendeu a 9.199.

E felicitou ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Policía Nacional e Garda Civil, así como á Policía Autonómica e as Policías Locais. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta