viernes, 6 de febrero de 2015

Aprobada por ADIF a construción dun paso inferior peonil no Barco de Valdeorras

Hoxe o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, ADIF, dependente do Ministerio de Fomento, aprobou un Convenio co Concello do Barco de Valdeorras para a construción dun paso inferior peonil no Pk. 297/725 da Liña Ferroviaria Palencia-A Coruña no núcleo urbano desta Vila.

Unha infraestrutura prefabricada, que discorrerá por debaixo da vía do tren, de 2,50 mts. x 2,50 m, a realizar en terreos ferroviarios baixo a vía existente á altura da rúa Santa Rita ata a Rúa Caleras a través dun paso inferior peonil de aproximadamente uns 21 metros de lonxitude. Leva consigo tamén 50 metros de valado.


Conta cun presuposto de 306.429,19 €, que será financiado segundo consta no convenio o 50% por ADIF e o outro 50% polo Concello do Barco. Ademais ADIF realizará a redacción do proxecto construtivo, a contratación e execución da obras realizando o pagamento mediante certificacións mensuais. Igualmente ocuparase da dirección facultativa.

Celebro esta aprobación que vén a responder a unha antiga demanda veciñal que dotará de permeabilidade a este barrio barquense. É unha mostra da colaboración entre Administracións e acredita que por enriba das ideoloxías dos responsables de cada Administración, prevalece o interese xeral.

Un entidade empresarial como ADIF vencellada ao Ministerio de Fomento que preside Ana Pastor e que traballa por mellorar a seguridade e a accesibilidade da que son parte esencial os pasos inferiores, plantexa unha solución a un tema que levaba anos pendentes e que nos oito anos de etapa de goberno do partido socialista non recibiu a debida atención.

Sen dúbida tamén na consecución deste obxectivo deixáronse sentir as xestións dos responsables do Partido Popular nesa Vila, empezando polo seu porvaoz local municipal, e parlamentario autonómico Moisés Blanco. 

Parabens a ADIF e a todos os que integran a Corporación Municipal de O Barco, e agardemos a que etas obras podan comezar e se fagan realidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta