miércoles, 4 de febrero de 2015

Descenso moi notable en 2014, da Criminalidade na provincia de Ourense

O Ministerio do Interior presentou hoxe o Balance de Criminalidade correspondente ao cuarto trimestre de 2014.

Así coñecemos que o ano pasado se rexistraron en España un total de 2.093.621 delitos e faltas, o que constitúe un 3,6% menos con respecto a 2013, cuxa cifra ascendía 2.172.133. O total das infraccións penais rexistradas conduce a que a taxa de criminalidade sexa de 44,8 delitos e faltas por cada 1.000 habitantes, manténdose entre as máis baixas da Unión Europea.

No caso da Comunidade Autónoma de Galicia rexistráronse un total de 78.302 delitos e faltas, o que representa un descenso do 3,6% con respecto a 2013, cuxa cifra ascendía a 81.237.

O mellor dato de Galicia, deuse na provincia de Ourense, na que en 2014 se rexistraron 8.176 delitos e faltas, o que constitúe un descenso do 11,1% con respecto a 2.013, cuxa cifra ascendeu a 9.199.

Mencionar na nosa provincia o apartado de "Roubos con forza en domicilios", que tanto preocupaba en anos precedentes, e onde o descenso é nada menos que do 36,6%, ou nos "Danos" que se reducen nun 23,8%, ao igual que no caso do "tráfico de drogas" con descenso do 19,1% e o de "Roubos con forza" onde a redución chega ao 18,5%.

Son tamén moi bos os datos do municipio de Ourense, no que en 2014 se rexistraron 3.959 delitos e faltas o que constitúe un descenso do 8,9% con respecto a 2.013, cuxa cifra ascendeu a 4.348. A destacar o apartado de "Roubos con forza en domicilios", que descendeu un 47,4%.

Sabendo que aínda que poden ser mellorados estes índices de seguridade, é xusto e necesario felicitar sinceiramente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, (Policía Nacional e Garda Civil) así como á Policía autonómica e á Policía Local. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta