Avanzando nos trámites e actuacións necesarias para o desenvolvemento da Autovía A-76

Esta mañá, o Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño González, mantivo unha reunión cos alcaldes e representantes dos municipios de Ponferrada, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras, para analizar o estado das actuacións que están a ser levadas a cabo para o desenvolvemento da autovía A-76 Ourense-Ponferrada.

Á reunión tamén asistiron representantes da dirección xeral de Carreteras, así como representantes de asociacións empresariais das citadas zonas, no caso de Ourense de la Asociación de Empresarias de Valdeorras ( AEVA).

Informa o Ministerio que no encontro todos os asistentes compartiron o obxectivo de continuar avanzando nos trámites e actuacións necesarias para o desenvolvemento desta autovía que ten como principal obxectivo a mellora da conexión de Galicia coa meseta norte.

Esta nova vía de alta capacidade supoñerá un importante avance dende o punto de vista funcional nas condicións existentes de comunicación no corredor da estrada nacional N-120, en canto a distancias de percorrido, tempos de desprazamento, e condicións de comodidade e seguridade para os usuarios da vía e o seu ámbito.


Neste sentido, durante a reunión o secretario xeral de Infraestructuras transmitiu que se trata dunha infraestrutura á que o Ministerio de Fomento concede unha importante prioridade, e como tal foi incluída polo Goberno no Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda 2012-2024.

Así mesmo durante a reunión, informouse os representantes municipais e empresariais que en decembro de 2014 se iniciou, mediante unha encomenda de xestión á empresa pública INECO, a redacción dos proxectos construtivos dos dous primeiros tramos desta autovía. Trátase do tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras (Este), dunha lonxitude de 8,4 quilómetros, e o tramo Villamartín de la Abadía-Requejo, cunha lonxitude de 7,6 quilómetros.

Así mesmo, en próximas datas, o Ministerio de Fomento ten previsto encargar a redacción do proxecto dun terceiro tramo: Requeixo-A Veiga de Cascallá.

Deste modo, o Ministerio de Fomento comezou a redacción dos proxectos da autovía nos tramos de á-76 entre Ponferrada e O Barco de Valdeorras, por tratarse dos tramos do corredor da N-120, Ourense-Ponferrada, que presentan maiores intensidades de circulación, coincidindo co solicitado polos representantes da plataforma.

No que se refire ao tramo entre Monforte de Lemos e Ourense, dadas as reclamacións territoriais existentes, o Ministerio de Fomento reiterou o seu compromiso de someter de novo a información pública o trazado da autovía na zona da Ribeira Sacra.

Por último, ambas as dúas partes emprazáronse a proseguir cos contactos e o bo clima de colaboración para seguir avanzando no desenvolvemento das actuacións e trámites necesarios para a execución da autovía A-76.

Concluíndo, celebro moito o resultado desta reunión, na que por parte do Ministerio se confirmaron informacións que este deputado avanzou hai varias semanas. 

Seguiremos traballando para que esta Autovía chegue a ser unha realidade tan ansiada polos ourensanos e especialmente polos valdeorreses.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.